"Anteo" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Posidón e Xea. Xigante de altura excepcional que anovaba as forzas cada vez que tocaba a súa nai, a Terra. Obrigaba a todos os estranxeiros que pasasen por Libia, os seus dominios, a loitar con el; Heracles, que loitou con el na súa viaxe ao Hiperbóreo, asfixiouno entre as súas mans logo de levantalo no aire para evitar que tocase terra.
-
-
Calquera cousa empregada para tapar os ollos e impedir a visión.
-
Cada unha das pezas, xeralmente de coiro, que levan as guarnicións das cabalerias para taparlle os ollos lateralmente e conseguir que só poidan ver cara a adiante.
-
-
-
-
Sistema de dúas lentes fixas nunha armazón especial que se apoia no nariz e nas orellas e que se emprega para ver mellor ou para corrixir defectos visuais.
-
Aparellos que xa en 1482 se fabricaban en Nuremberg, pero os anteollos dos s XVII e XVIII eran pouco máis ca unhas simples lentes de aumento, malia os traballos de Kepler, Huygens Hooke e Newton aplicados aos telescopios. No século XIX perfeccionáronse notablemente polo labor de Young, Airy, Donders e Helmholt. Hoxe en día os sistemas de anteollos acadaron unha gran diversidade segundo o tipo de lentes que empregan e o defecto visual que tratan de corrixir, como por exemplo os anteollos bifocais, que presentan dous tipos de lentes, unha para ver de lonxe e outra, máis abaixo, que se usa para ler, etc; ademais disto, a preocupación pola estética e o consumismo permite aos fabricantes sacar ao mercado a cada pouco novos modelos de soportes. En moitos casos substitúense por lentes de contacto. Os principais defectos da visión e tipo de lentes que se empregan son: miopía, en que non se columbran os obxectos afastados, para a que se usan lentes cóncavas ou “negativas”...
-
-
Instrumento óptico formado por dous tubos e un xogo ou máis de lentes en cada un deles que amplía as imaxes e serve para ver ao lonxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de galantear.
-
-
Capa longa que empregan os sacerdotes e eclesiásticos por enriba da sotana e que noutro tempo empregaron os estudiantes.
-
Capa longa que usaban os alumnos da universidade para diferencialos dos bolseiros dos colexios maiores.
-
-
-
Conxunto de divindades ou personaxes mitolóxicas que pertencen a unha cultura.
-
-
Templo ou lugar dedicado a todos os deuses, especialmente no mundo clásico.
-
Igrexa ou monumento funerario que contén as tumbas dos homes ilustres ou dos soberanos dun país, como a abadía de Westminster de Londres, o Panteón de Roma, a basílica da Santa Croce de Florencia, o Panteón de París, o Panteón Real do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial e o Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.
-
Sepultura, xeralmente en forma de edificación no espazo ou subterránea, en que repousan os diferentes membros dunha familia.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panteón situado na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Acolle as tumbas dalgúns dos máis destacados personaxes galegos do campo político, literario e artístico. A iniciativa xurdiu dos emigrados en Cuba, que contactaron con Xoaquín Díaz de Rábago, presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, para que os restos de Rosalía de Castro fosen os primeiros en trasladarse ata o lugar, feito que ocurreu o 25 de maio de 1891. Posteriormente, trasladáronse as cinsas de Alfredo Brañas e alí foron enterrados Francisco Asorey, Ramón Cabanillas e Domingo Fontán. O 28 de xuño de 1984 os restos de Afonso R. Castelao foron trasladados ata a antiga capela do Santo Cristo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo dedicado a todos os deuses construído por Agripa no Campo de Marte en Roma. Foi destruído por un incendio (80) e restaurado por Domiciano; posteriormente, en 110, foi novamente destruído e Adriano, Setimio Severo e Caracalla reedificárono. Consta dun corpo cilíndrico precedido por un pórtico, que está sostido por columnas corintias monolíticas dispostas de xeito que limitan tres naves: na central ábrese a porta e as laterais rematan en nichos que acollían as estatuas de Augusto e Adriano. O espazo circular cóbrese cunha cúpula semiesférica perfecta pois a súa altura e o seu diámetro son iguais (43,30 m). Érguese sobre unha estrutura interior de arcos de descarga. O interior está casetonado e ten un óculo central de 9 m de diámetro. Os muros están organizados en sete nichos alternando con oito edículos, que estaban ocupados por estatuas dos deuses. No ano 609 consagrouse como igrexa cristiá dedicada á Virxe e aos mártires (Sancta Maria ad Martyres), e sufriu varias innovacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.