"Atlántida" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (4.251 km2; 255.000 h [estim 1991]). A capital é La Ceiba (89.200 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a tradición grega, illa ou continente, país dos atlantes, que asolagou o mar en época remota. Esta tradición chegou sobre todo a través de Platón, que a referencia nos diálogos Timeo e Critias como feito histórico, explicando que durante unha viaxe de Solón de Atenas a Exipto, os sacerdotes de Sais narráronlle a historia da Atlántida, imperio soberano de “toda a illa da Atlántida, doutras illas e parte do continente”. Nunha ocasión sitúaa “ó norte” e noutra “perante as columnas de Hércules” (estreito de Xibraltar). O asolagamento producírase 9.000 anos antes de Solón, época de gran cambio climático e trastornos cósmicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida entre 1915 e 1920 e editada para Portugal, Brasil e Francia. Contén información sobre arte, literatura e sociedade. Ademais de autores portugueses e brasileiros, colaboraron nela Ramón Cabanillas, Vicente Risco e Castelao, este último no aspecto gráfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada na Coruña en 1954 por un grupo de escritores (Mariano Tudela) e artistas plásticos (Urbano Lugrís e Xosé María de Labra). No ano 1956, como consecuencia dos incidentes internos que provocou a morte de Ortega y Gasset -a quen lle dedicaran unha homenaxe-, suspendeuse a publicación da revista, polo que o número 13 dedicado a Valle-Inclán non chegou a saír. A revista tentaba ofrecer unha información de vangarda afastada do endemismo que caracterizaba o panorama cultural galego do momento, pretendendo buscar novos camiños fóra da cultura oficialista imperante, desmarcándose do provincianismo folclorista e do costumismo realista na plástica, así como do garcilasismo na poesía, buscando unha nova sensibilidade máis ligada a fórmulas internacionalistas, sen perder non obstante a tradición galega. A revista estaba estruturada en seccións e en áreas de responsabilidade. Urbano Lugrís ilustraba as portadas e todos os números; Labra compartía con el as tarefas de dirección artística...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantata escénica, obra póstuma e inacabada do compositor Manuel de Falla, na que traballou desde 1928 ata 1946, baseada no poema de L´Atlántida, de Jacint Verdaguer. E. Halffter completouna baseándose nas notas e borradores do autor. Unha selección en versión de concerto foi estreada en Barcelona no 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico en dez cantos, cunha introdución e cun epílogo, de Jacint Verdaguer. Colón, aínda novo, náufrago dunha nave xenovesa, é acollido por un ermitán que lle narra o afundimento das terras que un día cubriran o mar Atlántico. Verdaguer combinou as experiencias persoais coa lectura de vellas crónicas peninsulares e de grandes epopeas clásicas. Refundiu elementos mitolóxicos e cristiáns, e desenvolveu, ligándoos, tres temas principais: o afundimento da Atlántida, o nacemento de España e o descubrimento de América.