Atlántida
Atlántida
[MIT]
Segundo a tradición grega, illa ou continente, país dos atlantes, que asolagou o mar en época remota. Esta tradición chegou sobre todo a través de Platón, que a referencia nos diálogos Timeo e Critias como feito histórico, explicando que durante unha viaxe de Solón de Atenas a Exipto, os sacerdotes de Sais narráronlle a historia da Atlántida, imperio soberano de “toda a illa da Atlántida, doutras illas e parte do continente”. Nunha ocasión sitúaa “ó norte” e noutra “perante as columnas de Hércules” (estreito de Xibraltar). O asolagamento producírase 9.000 anos antes de Solón, época de gran cambio climático e trastornos cósmicos.