Atlántico, Carta do
Atlántico, Carta do
Declaración asinada o 14 de agosto de 1941 por Franklin Delano Roosevelt, Presidente dos EE UU, e polo Primeiro Ministro británico Winston Churchill, onde se expresaban principios comúns das súas políticas nacionais que se seguirían durante o período da posguerra. Defendía o dereito de todos os pobos a elixir a súa propia forma de goberno, a non imposición de novas fronteiras, o desexo de cooperación económica entre as nacións e a mellora das condicións de vida para os traballadores. Recoñecía o principio de liberdade dos mares e expresaba a convicción de que a humanidade debía renunciar ao uso da forza nas relacións internacionais.