"Augsburgo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Augusta Cidade de Suabia, en Baviera, Alemaña, situada entre os vales do Lech e do Wertach (258.457 h [1997]). Centro tradicional da industria téxtil desde 1840 acolle industrias mecánicas, eléctricas, aeronáuticas e electrónicas (Siemens), instaladas polas grandes empresas do Rhur e de Berlín. Ten universidade. Antiga colonia militar fundada por Druso no ano 15 a C co nome de Augusta Vindelicum, constituíu un importante centro comercial na vía Claudia. Capital da Raetia Secunda durante o s IV, foi saqueada polos hunos no s V. No s VI pasou a ser bispado e dependeu dos duques de Suabia e Baviera. Durante toda a Idade Media, destacou como unha das cidades máis prósperas da Alemaña. En 1276 Rodolfo de Habsburgo outorgoulle os privilexios de cidade imperial libre. Durante os ss XV e XVI, Augsburgo viu aumentar a súa potencialidade económica, impulsada polas ilustres familias comerciantes dos Fugger e dos Welser e converteuse no primeiro centro bancario...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio Romano-Xermánico, pertencente ao círculo de Suabia, que se estendía desde Allgäu ata máis alá do Danubio. Os bispos de Augsburgo, que residen desde 1258 en Dillingen, tomaron a xurisdición sobre a cidade en 1316. O principado foi incorporado a Baviera en 1803.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento presentado na Dieta de Augsburgo de 1530 redactado en latín e alemán por Melanchthon en termos máis ben moderados, e aprobado preventivamente por Lutero. A primeira parte contén a formulación da fe luterana, procurando mencionar pouco os puntos de diverxencia, e a segunda sinala os abusos que os católicos han de corrixir. O Emperador Carlos V encargou a Johann Ech e Konrad Wimpina a redacción da resposta, coñecida co nome de Confutatio Pontificia. Melanchthon respondeulle coa Apoloxía. O mesmo Lutero rechazou finalmente o documento, considerado por el mesmo irenista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada en 1530 polo Emperador Carlos V, aconsellado polo seu chanceler erasmista Mercurino Gattinara, co intento de conseguir unha reconciliación das igrexas reformadas coa Igrexa de Roma. A Dieta inaugurouse o 20 de xuño e Lutero, que se atopaba desterrado do Imperio, permaneceu en Coburgo co elector Xoán de Saxonia. Melanchthon presentou a Confesión de Augsburgo; Zwingli, a Confesión de Zúric, Berna e Basilea; e Bucer, a das cidades de Estrasburgo, Constanza, Lindau e Memmingen (Confesión Tetrapolitana). O 22 de setembro a Dieta acordou conceder aos protestantes un prazo de sete meses para volver á comuñón romana e pediulles colaborar co Emperador na loita contra os parlamentarios. O 15 de novembro Carlos V ordenou a aplicación do Edito de Worms (1521) e o restablecemento da xurisdición episcopal coa restitución dos seus bens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo redactado polos teólogos Julius von Pflug e Michael Helding, católicos, e Johannes Agricola, protestante, en 1548 en nome do Emperador Carlos V e que concedía aos protestantes o matrimonio dos sacerdotes e a comuñón coas dúas especies aos laicos. O acordo silenciaba a controvertida cuestión dos bens eclesiásticos secularizados. Non foi aceptada nin polos católicos nin polos protestantes, pero provocou a suspensión do Concilio de Trento por parte do Papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición política europea de carácter defensivo antifrancés asinada en 1686, motivada pola política de anexións de Luís XIV. A Liga, integrada polo Emperador Leopoldo I, España, Suecia, os príncipes alemáns e Holanda, tiña por obxecto esixir o cumprimento dos tratados de Nimega (1678) e Ratisbona (1684), e defender a integridade dos territorios aliados. A invasión do Palatinado por parte de Luís XIV obrigou á liga a defenderse, e en 1689 Guillerme de Orange, stadhouder das Provincias Unidas e Rei de Inglaterra, entrou tamén na coalición. Xaime II, coa axuda francesa, intentou entón a reconquista do trono de Inglaterra. A guerra da Liga de Augsburgo estendeuse tamén ao mar e ás colonias inglesas e francesas de América; o 30 de xuño de 1690 tivo lugar unha vitoria naval francesa en Beachy Head sobre a flota anglo-holandesa. Non obstante , dous anos máis tarde a flota francesa foi derrotada polos anglo-holandeses. Os corsarios tiveron un papel moi importante no ataque á navegación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre os católicos e os seguidores da confesión de Augsburgo (1555). Con el foron excluídos os partidarios de Zwingli e os anabaptistas. Con este acordo estableceuse un compromiso político-relixioso que marcou a división da Alemaña entre as dúas confesións. Concedíase o dereito de reformar os estados do Imperio e de dispoñer que a relixión de cada príncipe fose obrigatoria para os seus súbditos; quen non o aceptase podía emigrar sen danos nin no seu honor nin nos seus bens; as cidades imperiais reformadas tiñan que respectar as minorías católicas. Recoñecía tamén aos príncipes alemáns as terras de dominio eclesiástico que estiveran secularizadas ata o Tratado de Passau (1552). O arquiduque Fernando de Austria engadiulles o chamado reservatum ecclesiasticum, polo que os bispos e os abades que se pasasen á Reforma perdían o seu oficio, as rendas e o territorio.