"Auz" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe navarro-aragonesa procedente do lugar homónimo. Fóra de Galicia, este apelido adoita aparecer coa forma Haux, ou mesmo, Hauz e Dauz. Asentouse en diversos puntos da provincia luguesa: en Bazar, no lugar da Pesqueira e Momán, concello de Cospeito, e tamén en Manzaneda de Trives, debido ao entroncamento cos Rueda e Quiroga. Da casa orixinaria de Hauz, en Navarra, saíu unha rama que enlazou cos señores da máis alta nobreza de Bizkaia. Deste lugar chegou o capitán Rodrigo de Hauz quen, xunto á súa dona María Alonso de Rubiño, filla de Pedro Yáñez, señor do couto e pazo de Rubiños, formou o tronco dos Auz, que se espallaron por Galicia e que emparentaron con familias tan distinguidas como os Osorio de Velasco, Ron, García de Marco, Rois, Neira, Barrera, Saavedra, Ponce de León, Pardo de Cela. As armas que locen na casa da Pesqueira levan escudo...
-
PERSOEIRO
Cartógrafo, capitán de navío e político. Despois de participar en diversas accións navais, entre elas a toma de Menorca (1781), confeccionou o atlas marítimo das costas hispánicas. Acompañou o almirante Alejandro Malaspina na súa viaxe ao redor do mundo (1789-1794) e cando volveu (1795) dedicouse á publicación de diversos traballos cartográficos sobre as costas americanas do Pacífico. En 1822 foi elixido deputado a Cortes por Mallorca; en 1823 exiliouse a Londres. A súa correspondencia e os seus traballos están na Bauzà Collection do British Museum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de minas e xeólogo. Ampliou os seus estudios en Alemaña. En 1834 realizou un estudo xeolóxico en Castela para abrir pozos artesianos. Entre os anos 1864 e 1873 presidiu a comisión que realizou o mapa xeolóxico de España. Publicou Bosquejo geológico del distrito de Barcelona y Tarragona, con algunos apuntes de las de Lérida y Gerona e, xunto con José Espinosa, Memorias sobre las observaciones astronómicas para los navegantes españoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, foi catedrático de Gramática na École Royale Militaire de Metz. É un dos últimos representantes orixinais da tradición de Port-Royal, caracterizándose o seu pensamento pola concreción e a constante atención aos elementos materiais da linguaxe. No ano 1756, á morte de Du Marsais, encargouse de proseguir a redacción dos artigos gramaticais na Encyclopédie de Diderot. A súa obra mestra é a Grammaire générale, ou exposition raisonnée des éléments nécessaires du langage (Gramática xeral ou exposición razoada dos elementos necesarios da linguaxe, 1767).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista francés. Interesouse especialmente pola dialectoloxía, a onomástica e as etimoloxías da área galorromance. Foi colaborador de Le Monde e fundou as revistas Le Français Moderne (1933) e Revue Internationale d’Onomastique (1949). Publicou Argots franco-provençaux (Argots franco-provenzais, 1917), Essais de Géographie Lingüistique e des Argots (Ensaios de xeografía lingüística e argots, 1929), Glossaire étymologique du patois de Vinzelles (Glosario etimolóxico do patois de Vinzelles, 1938), Histoire de la langue française (Historia da lingua francesa, 1938), Ditionnaire étimologique de la langue française (Dicionario etimolóxico da lingua francesa, 1951) e Ditionnaire étimologique des noms de familie et prénoms de France (Dicionario etimolóxico dos nomes de familia e prenomes de Francia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo francés. Viaxeiro romántico, percorreu na compaña do barón Taylor, Francia, Oriente Próximo e a Península Ibérica (1833 e 1835-1837) onde adquiriu cadros para o Louvre. Colaborou dende 1827 na obra de Taylor Voyages Pittoresques e Romantiques dans l’ancienne France (Viaxes pintorescas e románticas na antiga Francia).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Construír canais.
-
Conducir a auga dun río, dun lago, dun torrente, etc, a través de canais ou regos.
-
Transformar en canal unha corrente de auga para regulala ou facela navegable.
-
Orientar unha cousa en dirección a un obxectivo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo gagauz.
-
Individuo do pobo gagauz.
-
Pobo de orixe turca que se estableceu no N do Mar Caspio e no Mar Negro, entre o Volga e o Danubio cara ao s XI. No s XIII formaron un estado independente sometido ao emperador bizantino e convertéronse ao cristianismo ortodoxo. No s XV pasaron a formar parte do Imperio Otomano e conservaron a súa lingua e costumes. As súas comunidades esténdense por Moldavia, Ucraína, Bulgaria e Romanía. O grupo máis numeroso concéntrase en Moldavia, onde acadaron un grao especial de autonomía en cinco rexións do S desta república. Dedícanse á agricultura e á gandería.
-
Lingua pertencente á familia turca do phylum altaico, que fala o pobo gagauz. Na escrita emprega unha variante do alfabeto cirílico.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa N da illa de Tenerife, no val de La Orotava (7.689 h [2001]). Ten cultivos de plátanos, algodón, cereais e froiteiras, e pesca.
VER O DETALLE DO TERMO