Dauzats, Adrien
Dauzats, Adrien
Pintor e litógrafo francés. Viaxeiro romántico, percorreu na compaña do barón Taylor, Francia, Oriente Próximo e a Península Ibérica (1833 e 1835-1837) onde adquiriu cadros para o Louvre. Colaborou dende 1827 na obra de Taylor Voyages Pittoresques e Romantiques dans l’ancienne France (Viaxes pintorescas e románticas na antiga Francia).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bordeos -
Deceso
Lugar : París