"Awe" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro prestixioso e especializado en arte da rede Internet. Creado no ano 1995 e patrocinado dende un principio por France Telecom, inclúe obras xa clásicas deste xénero.
-
-
PERSOEIRO
Economista, principal teórico da escola austríaca. Exerceu como ministro de Finanzas e profesor de Economía na Universidade de Viena. Foi un dos principais críticos da teoría económica de Marx. A súa achega principal foi a introdución do tempo na teoría da produción. O tempo presenta rendementos decrecentes: o período de produción implicado pola utilización de capital crece máis á présa ca a cantidade e a calidade do produto. Os bens presentes valen máis ca os futuros, segundo a formulación da súa teoría do interese. A súa obra principal é Kapital und Kapitalzins (Capital e intereses do capital, 1884-1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou a súa andaina artística como gravador para despois dedicarse á pintura. Acadou unha gran sona como retratista e trasladouse a San Petersburgo, onde foi pintor de cámara do Tsar Alexandre I. Pertenceu á Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, empresario e diplomático norteamericano. Foi controlador da moeda no departamento do Tesouro dos EE UU (1897-1901). No ano 1902 fundou e presidiu a Central Trust Company of Illinois. Durante a Primeira Guerra Mundial foi intendente xeral do corpo expedicionario dos EE UU en Francia, e despois da contenda foi nomeado membro da comisión de Reparacións e participou na redacción do Plan Dawes, que reduciu as indemnizacións que Alemaña tiña que pagarlles ás nacions aliadas. Foi elixido vicepresidente dos EE UU (1925-1929) e máis tarde serviu como embaixador en Londres (1929-1932). Entre os seus escritos destacan Notes as Vice President (Notas dun vicepresidente, 1935) e Journal as Ambassador to Great Britain (Diario dun embaixador en Gran Bretaña, 1939). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1925.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Informe elaborado en 1923 por Charles Gates Dawes, e publicado ao ano seguinte. Acordado no Tratado de Versailles, a súa finalidade era estimar a capacidade de pagamento de Alemaña e determinar tanto os medios de reparación económica coma as correspondentes obrigas. Supuxo, de feito, a redución no importe dos pagos impostos a Alemaña en concepto de reparacións de guerra, xunto á colaboración económica dos EE UU na súa recuperación.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra polaco. A súa obra, que comprende numerosas óperas, música de cámara e sacra, constitúe unha achega decisiva na creación dunha ópera nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Polonia (123.349 h [200]). É un centro industrial á beira do Vístula.
VER O DETALLE DO TERMO