Böhm-Bawerk, Eugen von
Böhm-Bawerk, Eugen von
Economista, principal teórico da escola austríaca. Exerceu como ministro de Finanzas e profesor de Economía na Universidade de Viena. Foi un dos principais críticos da teoría económica de Marx. A súa achega principal foi a introdución do tempo na teoría da produción. O tempo presenta rendementos decrecentes: o período de produción implicado pola utilización de capital crece máis á présa ca a cantidade e a calidade do produto. Os bens presentes valen máis ca os futuros, segundo a formulación da súa teoría do interese. A súa obra principal é Kapital und Kapitalzins (Capital e intereses do capital, 1884-1912).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Brno, Moravia -
Deceso
Lugar : Viena