"BS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 258.

  • Expresión latina que significa ‘polo absurdo’ coa que se demostra a verdade dunha proposición pola consecuencia absurda da contraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función que calcula o valor absoluto nalgunhas linguaxes de programación, entre elas o BASIC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sigla de Antiblockiersystem (sistema antibloqueo), nome xenérico dos sistemas electrónicos que evitan o bloqueo das rodas dun vehículo durante a freada e que utilizan algúns automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro alemán. Despois da Segunda Guerra Mundial, confíaselle a xestión da axuda do Plan Marshall na Alemaña Occidental. Foi membro do consello de administración dun gran número de empresas alemanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clase de resinas termoplásticas obtidas por copolimerización de acrilonitrilo, butadieno e estireno en distintas proporcións, amplamente empregadas para moldear pezas industriais. De custo moderado, son duras, ríxidas e moi resistentes ao choque, á vez que amosan propiedades eléctricas favorables. Resisten os aceites e a maioría de disolventes e produtos químicos. Empréganse para a fabricación de automóbiles e electrodomésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acumulación dunha secreción anómala nos troncos ou nas pólas das árbores.

    2. Acumulación delimitada de pus nun tecido orgánico por mor dunha infección bacteriana. Os abcesos localizados nas rexións superficiais maniféstanse por unha tumoración dolorosa, quente, vermella e de consistencia renitente ou flutuante. Adoitan manifestarse tamén acompañadas doutros síntomas xerais, como febre, malestar, inapetencia, leucocitose. Nas localizacións profundas, como o fígado, o pulmón, o peritoneo e outros, o cadro vén determinado xeralmente polos síntomas clínicos xerais.

    3. Absceso provocado medicamente mediante a inxección subcutánea dunha substancia intensamente irritante; en xeral, esencia de trementina. Antigamente se empregaba como tratamento coadxuvante nas septicemias e, máis a miúdo, para conseguir a inmobilización de enfermos psiquiátricos axitados ou perigosos.

    4. Impropiamente, infiltración de ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminuír de lonxitude as pezas dun escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En relación a un punto sobre unha recta, distancia medida coa unidade escollida dende un punto fixado anteriormente, chamado orixe, ata o punto considerado.

    2. En relación a un punto do plano, primeira das dúas coordenadas dese punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitohormona das plantas superiores que inhibe o crecemento. Provoca o envellecemento e a abscisión das follas e induce ao adormecemento dos abrochos e das sementes. Inhibe algunhas respostas trópicas e a xerminación das sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de separar cortando.

    2. Proceso fisiolóxico de separación de dúas estruturas vexetais (follas, froitos, etc) debido á maduración ou á perda de funcionalidade, controlado pola acción de factores de crecemento como o ácido abscísico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio activo amargo que se extrae das follas do asente. Emprégase en licores estomacais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abandono sistemático das obrigacións propias dun traballo ou dunha responsabilidade.

      2. Ausencia dos traballadores nos establecementos produtivos, medida en forma de tempo laborable perdido por causas consideradas naturais, como a enfermidade, quedando excluído o tempo perdido por vacacións, folgas, peche patronal ou interrupcións inferiores a unha ou dúas horas. Normalmente, o absentismo laboral calcúlase como porcentaxe de horas perdidas verbo do total de días ou horas de traballo dun ano, ou ben do número de días por ano respecto ao número total de días laborables do ano.

    1. Práctica sociolaboral que consiste na explotación indirecta da terra e na delegación da dirección e control dos traballos agrícolas a un intermediario ou administrador, percibindo o propietario -que reside fóra ou lonxe da propiedade- uns ingresos, en función de parcería ou arrendamento. Ao longo da historia atópanse prácticas de absentismo nas sociedades agrarias latifundistas, chegando a constituírse nun dos seus trazos definitorios. O absentismo foi común entre os propietarios irlandeses dos ss XVIII e XIX, que residían no Reino Unido, o que tivo importantes efectos na evolución económica e social dese país. Na actualidade, o absentismo é unha práctica común en moitos países do Terceiro Mundo, sobre todo no Brasil, onde un terzo dos parlamentarios son latifundistas absentistas. En Galicia o absentismo foi o comportamento habitual das clases privilexiadas posmedievais, pricipalmente da alta aristocracia e dos altos cargos da administración, tanto civil como eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen practica o absentismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Construción de planta semicircular cuberta mediante bóveda de cuarto de esfera ou bóveda de forno. É un elemento construtivo que ten a súa orixe na basílica romana, onde era o lugar destinado aos maxistrados. Posteriormente, na basílica cristiá, ocupou a cabeceira, arrimada á nave ou naves, estando reservada ao presbiterio e ao altar.

      2. ábsida lobulada

        Ábsida rodeada por diversas absidiolas, xeralmente en número impar.

      3. ábsida poligonal

        Tipo de ábsida que se caracteriza por posuír unha planta poligonal.

    1. Nas tendas de campaña, a parte oposta á entrada, de forma poligonal ou semicircular, que serve de curruncho para as mochilas e os trebellos de acampada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta forma semicircular ou poligonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde dos mucorais que poden aparecer nos alimentos en forma de mofo e que poden causar mucormicose tanto na especie humana coma noutros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ábsida secundaria que rodea unha ábsida principal, debuxando unha planta lobulada.

    VER O DETALLE DO TERMO