ábsida

ábsida

(

  1. [ARQUIT]
    1. s f

      Construción de planta semicircular cuberta mediante bóveda de cuarto de esfera ou bóveda de forno. É un elemento construtivo que ten a súa orixe na basílica romana, onde era o lugar destinado aos maxistrados. Posteriormente, na basílica cristiá, ocupou a cabeceira, arrimada á nave ou naves, estando reservada ao presbiterio e ao altar.

      Ex: A ábsida do altar maior da catedral estaba a piques de caer.

      Sinónimos: ousia.
    2. ábsida lobulada

      Ábsida rodeada por diversas absidiolas, xeralmente en número impar.

    3. ábsida poligonal

      Tipo de ábsida que se caracteriza por posuír unha planta poligonal.

  2. s f [DEP]

    Nas tendas de campaña, a parte oposta á entrada, de forma poligonal ou semicircular, que serve de curruncho para as mochilas e os trebellos de acampada.

Palabras veciñas

absentina | absentismo | absentista | ábsida | absidal | Absidia | absidiola