absentismo

absentismo

(

  1. s m
    1. Abandono sistemático das obrigacións propias dun traballo ou dunha responsabilidade.

      Ex: O índice de absentismo en época estival é elevado.

      Confrontacións: deserción.
    2. [EMPR/SOCIOL]

      Ausencia dos traballadores nos establecementos produtivos, medida en forma de tempo laborable perdido por causas consideradas naturais, como a enfermidade, quedando excluído o tempo perdido por vacacións, folgas, peche patronal ou interrupcións inferiores a unha ou dúas horas. Normalmente, o absentismo laboral calcúlase como porcentaxe de horas perdidas verbo do total de días ou horas de traballo dun ano, ou ben do número de días por ano respecto ao número total de días laborables do ano.

      Ex: Entre os parlamentarios o absentismo é moi alto.

  2. s m [HIST/ECON]

    Práctica sociolaboral que consiste na explotación indirecta da terra e na delegación da dirección e control dos traballos agrícolas a un intermediario ou administrador, percibindo o propietario -que reside fóra ou lonxe da propiedade- uns ingresos, en función de parcería ou arrendamento. Ao longo da historia atópanse prácticas de absentismo nas sociedades agrarias latifundistas, chegando a constituírse nun dos seus trazos definitorios. O absentismo foi común entre os propietarios irlandeses dos ss XVIII e XIX, que residían no Reino Unido, o que tivo importantes efectos na evolución económica e social dese país. Na actualidade, o absentismo é unha práctica común en moitos países do Terceiro Mundo, sobre todo no Brasil, onde un terzo dos parlamentarios son latifundistas absentistas. En Galicia o absentismo foi o comportamento habitual das clases privilexiadas posmedievais, pricipalmente da alta aristocracia e dos altos cargos da administración, tanto civil como eclesiástica.

Palabras veciñas

abscísico, ácido | abscisión | absentina | absentismo | absentista | ábsida | absidal