"Baden" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

    1. Relativo ou pertencente á abadía, ao abade, á abadesa ou a quen administre as rendas dunha abadía.

    2. Territorio propiedade dunha abadía ou suxeito á xurisdición dun abade ou dunha abadesa.

    3. Período durante o cal un abade ou unha abadesa exerce o seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land da Baixa Austria, situada á beira do río Schwechat ao S de Viena (23.488 h [1991]). Ten unha coñecida estación balnearia (fontes de augas sulfurosas). O centro termal foi xa chamado polos romanos Aquae Pannonicae. Escollida como residencia de verán do Emperador do Sacro Imperio, Baden gozou dunha extraordinaria sona como estación balnearia desde finais do s XVIII, fama que aumentou coa construción do ferrocarril (1841). Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polo exército soviético e convertida no seu cuartel principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado de Alemaña xurdido da unificación dos dominios da Casa de Baden e do proceso de disolución do Sacro Imperio. Estendíase pola beira dereita do Rin, desde Wertheim ata Basilea. Tiña unha extensión de 15.069 km2 e unha poboación ao comezo da Segunda Guerra Mundial de 2.813.657 h. A capital era Karlsruhe. Na época romana formaba parte dos Campos Decumanos. No 282 foi conquistada polos alamáns e foi incluída no ducado de Alemaña, baixo soberanía franca desde o s VI. No s X pasou a pertencer á casa de Zähringer e a finais do s XI o seu titular tomou o título de margrave. Despois da morte de Cristovo I (1527) a casa divididiuse en dúas liñas: a católica de Baden-Baden e a protestante de Baden-Durlach. Ao extinguirse a rama de Baden-Baden (1770), o país foi unificado baixo a persoa de Carlos Federico I da rama Baden-Durlach (morto en 1811), que se converteu no único margrave de Baden. En 1803, aliado de Napoleón, foi elevado á dignidade electoral e aumentou os seus estados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa dos príncipes do Sacro Imperio que rexiu diversos territorios alemáns. Orixinouse na familia dos Zähringen, que foron condes de Brisgovia, duques de Zähringen e margraves de Verona. Armando II (morto no 1130) foi o primeiro margrave de Baden (1112), localidade que herdou da súa nai, Judit de Backnang. Arredor do 1155 os seus descendentes adquiriron Hochberg (ou Hachberg). Á morte de Armando IV (1190), os seus dous fillos repartiron a herdanza: o primoxénito, Armando V, formou a liña de Baden-Baden e adquiriu os señoríos de Durlach, de Ettlingen (1218) e de Pforzheim (1236?); o segundo, Erico I, formou a liña de Baden-Hachberg (extinguida no 1418, a herdanza pasou á de Baden-Baden), da que naceu a rama de Baden-Sausenberg, que incorporou os señoríos de Rothelin e Badenweiler e o condado soberano de Neuchatel (que pasou por sucesión feminina aos Orleans, duques de Longueville), extinguida en 1503 pasou a herdanza a liña dos Baden-Baden. O margrave Armando VI de Baden-Baden, fillo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica eneolítica que se orixinou en Baden, ao S de Viena. Estendeuse por boa parte de Europa central (Austria, República Checa, Eslovaquia, Hungría, S de Polonia e Romanía) na primeira metade do segundo milenio a C. A parte económica baseábase no cultivo dos cereais e na gandería (bovina, porcina e ovina). É típica a súa cerámica decorada con liñas incisas tanto continuas como punteadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo filosófico creado por Wilhelm Windelband (1848-1915) e dirixido máis tarde por Heinrich Ricket (1863-1936); xunto coa Escola de Marburgo representou a dirección predominante do Neokantismo alemán nos primeiros anos do século XX. Profundizou na comprensión da Filosofía como unha teoría do coñecemento, aínda que refutando do pensamento de Kant o excesivo Racionalismo, o Formalismo e a inclinación polas ciencias Matemáticas. Así mesmo, inclinouse cara á filosofía da cultura e da historia, nun primeiro momento, para finalmente profundar na teoría do coñecemento dos valores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baden-Wüttemberg, Alemaña, no val de Oos, ao pé da Selva Negra (51.500 h [1990]). Posúe unha estación balnearia frecuentada xa polos romanos, quen construíron alí as súas termas. No s II era chamada Aurelia Aquensis. Posesión dos Zährigen desde 1052, Baden-Baden converteuse na residencia dos margraves de Baden ata 1689, ano no que os franceses destruíron a cidade. Ao longo do s XIX tivo un gran desenvolvemento, non só polo seu casino, senón tamén polo feito de converterse nun dos centros de veraneo dos monarcas europeos. En 1945 tranformouse en centro de goberno da zona de ocupación francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a 1771 a unha rama da casa de Baden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a unha rama da casa de Baden, que agregaría as herdanzas das ramas de Hachberg (1535) e de Baden-Baden (1771).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e educador, fundador do movemento dos exploradores scouts. Destinado no exército colonial, tomou parte en accións militares na India e en África, onde puido comprobar as dificultades de adaptación da mocidade británica á vida ao aire libre e en condicións desfavorables, feito que lle levou a organizar un corpo de soldados escollidos, especialmente entrenados. En 1899 publicou Aids to Scouting (Axuda aos exploradores), onde recollía estas experiencias. O libro, chegado a Inglaterra en pleno sitio de Makefing (1899-1900), onde Baden-Powell tivo unha actuación destacada, acadou un éxito inesperado. Interesaba no só aos medios militares senón tamén aos representantes do ensino. Ao volver a Inglaterra Baden-Powell fixo unha adaptación do seu método destinada á educación civil dos máis novos. En 1907 experimentou a adaptación acampando con vinte rapaces procedentes de distintas clases sociais na illa de Brownsea, experiencia que recolleu en Scouting for Boys (Scoutismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (35.752 km2; 10.374.505 h [1997]). A capital é Stuttgart. Comprende sete rexións naturais: o Alto Rin, a Selva Negra, o Odenwald, o Neckarland, os Alpes de Suabia, os Prealpes e a rexión propiamente alpina, e está drenado polas concas do Rin, do Danubio e do Neckar. A poboación experimentou un forte incremento desde 1945 debido á chegada de refuxiados procedentes da República Democrática Alemana. Baden-Wüttemberg está moi industrializado; destacan as industrias téxtiles, de maquinaria e de electrónica. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial o estado de Baden foi dividido polas potencias aliadas en dúas partes: o N foi incluído dentro da zona de ocupación norteamericana e formou o land de Wüttemberg-Baden. O S incluíuse dentro da zona de ocupación francesa e constituíu o land de Baden. No ano 1950 organizouse un referendo consultivo e votouse maioritariamente pola formación dun estado unificado; polo tanto Baden, Wüttemberg e Hohenzoller...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Preto de Sigmaringen. Fundada polos agostiños no 1077, foi secularizada no 1802 e restaurada polos beneditinos no 1863. O seu abade leva o título de arquiabade. Foi un dos centros da restauración gregoriana na Alemaña meridional. Alberga unha institución dedicada á edición crítica da Vetus Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Margrave (1738-1806) e gran duque (1806-1811) de Baden. Da liñaxe dos Baden-Durlach, reunificou o país cando se extinguiu a dos Baden-Baden no 1770. Gobernou segundo os principios do despotismo ilustrado, aboliu a servidume no 1783 e inspirouse nas ideas fisiocráticas do marqués de Mirabeau e Du Pont de Nemours para mellorar a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e mariño. Herdeiro do señorío de Torés, marchou a Filipinas como alférez no ano 1589 e, en 1590, ascendeu a almirante de naos. En 1593 realizou unha viaxe a China en misión diplomática e, en 1595, viaxou a México, cidade na que residiu ata 1598, cando foi chamado a defender as illas Filipinas dunha invasión xaponesa. Realizou numerosas viaxes polo Pacífico polo que recibiu o título de cabaleiro da orde de Santiago (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe e chanceler alemán. Herdeiro do gran duque Federico II de Baden, seguiu a carreira militar. Foi nomeado chanceler por Guillerme II de Prusia en outubro de 1918 e encargouse de negociar o armisticio trala fin da Primeira Guerra Mundial. Os movementos revolucionarios obrigárono a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Corrixidor de Cartagena, foi adiantado e capitán xeneral de Murcia. Como gobernador de Filipinas (1590-1593) asegurou a defensa do arquipélago, ao tempo que apoiou o seu desenvolvemento cultural, comercial e marítimo. Durante unha expedición ás illas Molucas, os tripulantes da galera onde viaxaba asasinárono. Débeselle a impresión das Doctrinas Cristianas, unha en tagalo e outra en chinés, primeiras mostras da imprenta filipina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles, cargada de cinco cunchas de vieira de prata, unha no centro e unha en cada brazo; en punta ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. De orixe galega, formouse en Salamanca onde foi lector. Estivo nas misións en Manila e Xapón (1594), e, de volta a Manila (1598), percorreu Filipinas para escribir Historia de las islas del archipiélago Filipino y reinos de la Gran China, Tartaria, Cochinchina, Malaca, Siam, Camboxa y Japón (1601). Escribiu tamén Excelencias de la Corona de la Virgen Santísima (1606).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cudeiro (Ourense). De planta irregular, semellante a un rectángulo con patio interior, ten planta baixa e un andar e cuberta a catro augas. Sobre a porta principal atópase a pedra de armas, que alude aos Deza e os Villamarín, rodeada de molduras e decorada con placas. A fachada principal ábrese ao Camiño Real. Ten unha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Ortiz de Cisneros.

    VER O DETALLE DO TERMO