"Baena" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cianofíceas da orde das nostocais que forman filamentos con heterocistes como os das cianofíceas do xénero Nostoc, pero de vida planctónica. Poden orixinar masas de cor verde na superficie da auga, que reciben o nome de flos aquae.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, drenado polos ríos Marbella e Guadaloz (18.736 h [1996]). É un centro agrícola importante (oliveiras, cereais, vide, esparto), gandeiro e industrial (confección, alimentación, cerámica, etc). Cabeceira comarcal e de partido xudicial. A igrexa de Santa María la Mayor, de orixe románica, conta con elementos ornametais platerescos (rexa e retablo). Conserva tamén mostras da arquitectura mudéxar na Igrexa de Guadalupe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de Orixe que protexe un aceite de recoñecido prestixio que se elabora no sueste da provincia de Córdoba. É un aceite virxe de calidade extra, cunha acidez máxima dun grao, elaborado maioritariamente con olivas da variedade picuda. O aroma característico é desde afroitado intenso a doce suave e a cor é amarela, con tons de verdosos a dourados. A produción anual ronda as 9.000 toneladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro de Baena.
-
PERSOEIRO
Poeta, coñecido por ter compilado, ao redor de 1455, o Cancioneiro de Baena, dirixido a Xoán II de Castela, onde incluíu algunha composición propia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías compiladas por Juan Alfonso de Baena arredor de 1430, dedicada ao rei de Castela Xoán II e á súa muller María. O manuscrito conservado gárdase na Bibliothèque Nationale de París. Contén 576 composicións de 56 autores, agrupadas por xéneros. O cancioneiro recolle a produción poética da corte de Xoán II de Castela e presenta desde pezas de louvanza e de baixo ton ata producións de gran categoría poética; escasea o xénero amoroso e domina a poesía teolóxica, moral, ascética e política. Foi editado por Pedro José Pidal (1851), H. R. Lang (1926) e José M. Azáceta. Nun principio, de acordo co índice, contiña a obra de Alfonso Álvarez de Villasandino (con máis de 200 poemas), Francisco Imperial, Fr. Diego de Valencia, Fernán Sánchez de Talavera, Fernando Pérez de Guzmán, Fernán Manuel de Lando, Ruy Páez de Ribera, Pero Ferrús, Macías o Namorado, Arcediago de Toro, Pero Vélez de Guevara, Diego Martínez de Medina, Gonzalo Martínez de Medina, Pero González de...
-
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou debuxo e historia da arte. Foi un dos fundadores do grupo Cántico e da revista homónima, e colaborou nas publicacións El Español e La Estafeta Literaria co pseudónimo de Luis de Cárdenas. Publicou, entre outros, os poemarios Rumor oculto (1946), Mientras cantan los pájaros (1948), Antiguo muchacho (1950), Óleo (1958), Antología poética (1959), Almoneda (1971), Antes que el tiempo acabe (1978), Tres voces del verano (1980), Poesía completa (1982), Fieles guirnaldas fugitivas (Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla 1989), Calendario (1992) e Ritual (1994). Membro e director da Comisión Asesora do Centro Andaluz de las Letras, é Fillo Predilecto de Córdoba (1984) e de Andalucía (1988). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro de Córdoba (1984), o Premio de las Letras Andaluzas (1991) e Premio Príncipe de Asturias (1984).
VER O DETALLE DO TERMO