"Barza" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe orixinaria de Ribadavia. As súas armas levan, en campo de goles, un garrafón de vidro con recubrimento de vimbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel García Barzanallana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político kurdo. Dirixente da resistencia e do movemento autonomista kurdo, encabezou a revolta que culminou coa breve República Kurda de Mahabad (1945-1946). Refuxiado na URSS (1946), volveu a Iraq con motivo do golpe de estado (1958) e prestoulle apoio a Kassem. Este non accedeu ás reivindicacións kurdas, polo que se iniciou unha guerra de guerrillas que chegou a contar con apoio iraniano. A reconciliación entre Iraq e Irán no 1975 motivou a perda do apoio iraniano, e Barziani tivo que exiliarse en Teherán e, posteriormente, nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militante do Partido Moderado, durante o Sexenio Liberal fundou, xunto co conde de Toreno, o xornal El Tiempo, desde o que traballou pola restauración monárquica, coa que foi ministro de Facenda (1876-1877) e gobernador do Banco de España (1896-1897). Representou a Galicia como deputado polo distrito de Viveiro en 1864-1865 e foi elixido senador por Lugo en 1876. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO