Barzani, Mustafà
Barzani, Mustafà
Militar e político kurdo. Dirixente da resistencia e do movemento autonomista kurdo, encabezou a revolta que culminou coa breve República Kurda de Mahabad (1945-1946). Refuxiado na URSS (1946), volveu a Iraq con motivo do golpe de estado (1958) e prestoulle apoio a Kassem. Este non accedeu ás reivindicacións kurdas, polo que se iniciou unha guerra de guerrillas que chegou a contar con apoio iraniano. A reconciliación entre Iraq e Irán no 1975 motivou a perda do apoio iraniano, e Barziani tivo que exiliarse en Teherán e, posteriormente, nos EE UU.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barzan, Iraq -
Deceso
Lugar : Rochester, EE UU