"Belize" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital do distrito de Belize, no estado de Belize, situada preto do golfo de Honduras, na desembocadura do río Belize e nos contrafortes setentrionais das montañas de Manatal (52.670 h [1996]). É o mercado dunha rexión agrícola (millo, arroz, legumes, etc) e un importante centro comercial rexional. Ata 1973 foi a capital das Honduras Británicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito do estado de Belize (4.307 km2; 62.939 h [1996]). A capital é Belize.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da América Central, que limita co mar das Antillas ao L, con Guatemala ao S e ao O, e con México ao O e ao N (22.965 km2; 228.000 h [1997]). A capital é Belmopan.
    Xeografía física
    Situado ao S da península do Yucatán, o relevo artéllase en bandas paralelas ao litoral. A máis interior correspóndese cun macizo antigo, as montañas Maya, que ao S alcanzan as altitudes máximas (Victoria Peak, 1.120 m). Tamén forman parte desta unidade as montañas Manatee e as Cockscomb. A continuación aparece unha franxa de sabana e despois unha banda de terreo fértil constituído por materiais aluviais procedentes dos ríos serranos. Por último, a chaira costeira é palustre e está cuberta de manglares. A costa é moi recortada e, fronte a ela, érguese unha barreira de illas coralinas. O clima é tropical, e o país vese frecuentemente afectado polos furacáns. A temperatura media anual é elevada, chegando aos 25,3°C na capital. En canto ao réxime, a oscilación é pequena...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Belize ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Belize.

    VER O DETALLE DO TERMO