Belize
Belize
Capital do distrito de Belize, no estado de Belize, situada preto do golfo de Honduras, na desembocadura do río Belize e nos contrafortes setentrionais das montañas de Manatal (52.670 h [1996]). É o mercado dunha rexión agrícola (millo, arroz, legumes, etc) e un importante centro comercial rexional. Ata 1973 foi a capital das Honduras Británicas.