"Berat" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • CIDADES

    Cidade de Albania, capital do rrethi homónimo, na rexión de Elbasan-Berat, á beira do río Osum (43.800 h [1990]). Importante cidade medieval, foi sé episcopal e centro administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania, na rexión de Elbasan-Berat (1.027 km2; 180.489 h [estim 1990]). A capital é Berat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica de pensamento que consiste na valoración das vantaxes e desvantaxes dunha decisión en curso, desde unha perspectiva racional. A súa fórmula habitual é o finximento dunha vacilación por parte do orador, que decidiu previamente a opción pola que vai optar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á deliberación.

    2. Que delibera.

    3. Aplícase a calquera unidade gramatical coa que o suxeito da enunciación se pregunta “qué debe facer ante máis dunha posibilidade”. Distínguense así as oracións deliberativas (Marcharei ou quedarei?) e, no latín, a utilización do subxuntivo deliberativo na interrogación (quid faciam? Que facer?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido nacionalista alxeriano nacido en 1954 da fusión de diversos movementos políticos que iniciaron unha guerra de independencia fronte ao dominio colonial francés. Trala independencia (1962), a Constitución de 1963 converteuno en partido único. Derrotado polo FIS nas eleccións lexislativas de 1991, perdeu definitivamente o poder tralo golpe de estado militar de 1992. O seu candidato, Abdelaziz Buteflika, resultou vencedor nas eleccións presidenciais de 1999, cun programa de reconciliación nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa italiana, irmá de santa Faustina. Para fuxir dos matrimonios impostos pola súa familia fóronse co sacerdote Marcelo, atravesaron o río Po nunha barca e chegaron a Como, onde entraron nun convento. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir de orixe galega, filla de Lucio Castelio Severo, gobernador romano de Gallaecia, Lusitania e Calsia. Conta a lenda que para fuxir do pretendente que o pai lle asignara pregoulle a Deus que lle fixera medrar a barba, motivo polo que o pai a crucificou. A tradición galega converteuna nunha das oito irmás xemelgas de santa Eufemia e invócase como protectora dos partos. Na iconografía represéntase cravada nunha cruz, moza e fermosa, con barba ou sen ela, e aos seus pés pode haber un trobador. A súa festividade celébrase o 20 de xullo por ser a data en que se trasladaron as súas reliquias desde Sigüenza a Baiona (1515), vila da que é patroa. Na capela de santa Liberata atópase a súa imaxe nun nicho flanqueado polo escudo do antigo Reino de Galicia e o de Baiona. Na tradición oral recóllense ditos como: “Hei de ir ao señor san Cosme, / hei de ir e vir por Baiona, / ver á santa Liberata / na súa capilla nova”, “Os canteiros vanse, vanse, / para santa Liberata; / levan os petos ben...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e mártir. Morreu martirizado polos vándalos xunto á súa esposa. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos instrumentos de medicina. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal latino Liberatus, derivado de liberāre ‘liberar, ceibar’. Presenta as variantes Liberado/Librada. Destacan con este nome o mártir san Liberato (s V), que se celebra o 23 de marzo; santa Liberata de Como (s VI), que se celebra o 18 de xaneiro, e santa Liberata (s II), patroa do concello de Baiona, que se celebra o día 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para liberar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Nicolò da Foligno, o seu estilo, piadoso e cándido (Polittico di Cagli, 1461-1465), evolucionou cara a unha arte máis sólida e de debuxos máis rigorosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido subérico.

    VER O DETALLE DO TERMO