Front Libération Nationale

Front Libération Nationale
Nome científico: [FLN]

Partido nacionalista alxeriano nacido en 1954 da fusión de diversos movementos políticos que iniciaron unha guerra de independencia fronte ao dominio colonial francés. Trala independencia (1962), a Constitución de 1963 converteuno en partido único. Derrotado polo FIS nas eleccións lexislativas de 1991, perdeu definitivamente o poder tralo golpe de estado militar de 1992. O seu candidato, Abdelaziz Buteflika, resultou vencedor nas eleccións presidenciais de 1999, cun programa de reconciliación nacional.

Palabras veciñas

frondoso -sa | frónese | Fronilde | Front Libération Nationale | Front Range | frontal | frontalidade