frontal

frontal

(< lat frontāle)

  1. [ANAT]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á fronte.

    2. adx e s m

      Óso que forma a parte anterior e superior do cranio e participa na formación da fosa cranial anterior. Tamén se coñece como óso coronal.

  2. adx e s m

    Relativo ou pertencente á parte dianteira de algo.

    Ex: A radio tiña o frontal extraíble.

  3. adx
    1. Que se produce de fronte, dunha forma directa.

      Ex: Tivo un choque frontal.

    2. Que se produce dunha forma directa.

      Ex: Produciuse un ataque frontal entre os dous políticos.

  4. s m [ARTE/RELIX]

    Peza de tea, madeira decorada, metal ou doutro material que se coloca diante da mesa do altar. Adoita estar decorado e acadou un gran desenvolvemento no Románico ao realizarse pinturas sobre táboa.