Seragua
Seragua
Compañía do Grupo FCC, que tomou o nome de Aqualia e que ten por obxectivo garantir un servizo público de calidade na xestión do ciclo integral da auga. Está presente en máis de 600 municipios españois e presta servizo a unha poboación de case 6.000.000 de habitantes. Conta cunha rede de canalización de auga de 15.007 km e produce 342.311.000 m3 de auga ao ano. En Galicia abastece aos concellos de Barreiros, Bueu, Cangas, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Mos, Nigrán, Redondela, Ribadavia, Sarria e Vigo.