Seram

Seram

Illa pertencente as illas Molucas, Indonesia, situada entre o mar de Seram, ao N, e o mar de Banda, ao S (17.087 km2; 97.000 h [estim 1980]). É unha illa montañosa, con cumios que acadan os 3.000 m de altitude. Os seus principais recursos económicos son a agricultura, a pesca e a explotación forestal. A partir de 1650 foi ocupada polos holandeses, que estableceron factorías. Foi incorporada á República de Indonesia en 1950.