"Bernabeu" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Prenome masculino procedente do arameo bar ‘fillo’ e nabwh ‘profecía’; xa que logo, ‘fillo da profecía, profeta’. Este nome latinizouse en Barnabas e chegou a nós a través do francés Barnabé, mudando o a tónico en é.   Como antropónimo presenta as variantes: Bernabel, Barnabeu e Bernabé. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Bernabeu foi o sobrenome que lle puxeron a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’</I

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista e dirixente deportivo. En 1912 accedeu ao primeiro equipo de fútbol do Real Madrid, no que xogou ata 1926. Logo integrouse no cadro técnico do club e, dende 1928, na súa directiva. Politicamente monárquico, durante a Guerra Civil española permaneceu en Madrid na embaixada francesa, ata que fuxiu e se incorporou ao exército sublevado. Mantivo unha estreita amizade co Xefe do Estado, Francisco Franco. Presidente do Real Madrid desde o 15 de setembro de 1943 ata a súa morte, durante o seu mandato o equipo de fútbol acadou o triunfo en 16 Campionatos Nacionais de Liga, 6 Copas de España, 6 Copas de Europa (as 5 primeiras edicións de xeito consecutivo) e unha Copa Intercontinental. Pola súa parte, a sección de baloncesto conquistou baixo a súa presidencia outros tantos títulos: 6 Copas de Europa, 2 copas Intercontinentais FIBA, 19 Campionatos de Liga e 18 Copas de España. Entre outras distincións, recibiu a Lexión de Honor francesa, a Gran Cruz do Mérito Civil e a Medalla de Ouro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Arcediago de Morvedre na Catedral de València, en 1820 foi nomeado deputado nas cortes; loitou contra os absolutistas e especialmente contra a Inquisición. En 1823 emigrou a Londres. Publicou escritos de carácter político-relixioso, como por exemplo Juicio histórico, canónico y político de las naciones sobre los bienes eclesiásticos (1812), que lle valeu un proceso da Inquisición, aínda que despois foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a tradición, Bernabeu ‘fillo da profecía’ foi o sobrenome que lle puxeron nos Feitos dos Apóstolos a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’. Foi discípulo de Cristo e predicou o evanxeo en Chipre e Asia Menor. Presentoulle aos apostolos a Paulo en Xerusalén e despois acompañouno na súa primeira viaxe por Asia Menor onde, despois de protagonizaren diversos milagres, foron considerados como deuses. Tertuliano asígnalle a epístola aos hebreos, que o Novo Testamento considera da autoría de san Paulo. Atribúeselle tamén a curación de enfermos levando na man o evanxeo de san Mateo. Sufriu martirio no seu país natal no ano 63: foi lapidado e despois queimado vivo polos xudeus. San Bernabeu é titular de 6 parroquias galegas e a súa festividade celébrase o 11 de xuño. Numerosos ditos espallados na tradición oral recollen o nome deste santo: “Día de san Bernabel, nin na terra nin no fardel” que alude a que esa é a data ideal para segar o centeo, “Día de san Bernabeu,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Penarrubia e San Martín de Neira de Rei (Baralla). O seu cumio acada os 810 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pradolongo (A Veiga). O seu cumio acada os 1.228 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Bibei, que nace na parroquia de Pradolongo (A Veiga) e desemboca na de Santa Cruz (O Bolo).

    VER O DETALLE DO TERMO