Bernabeu de Yeste, Santiago

Bernabeu de Yeste, Santiago

Deportista e dirixente deportivo. En 1912 accedeu ao primeiro equipo de fútbol do Real Madrid, no que xogou ata 1926. Logo integrouse no cadro técnico do club e, dende 1928, na súa directiva. Politicamente monárquico, durante a Guerra Civil española permaneceu en Madrid na embaixada francesa, ata que fuxiu e se incorporou ao exército sublevado. Mantivo unha estreita amizade co Xefe do Estado, Francisco Franco. Presidente do Real Madrid desde o 15 de setembro de 1943 ata a súa morte, durante o seu mandato o equipo de fútbol acadou o triunfo en 16 Campionatos Nacionais de Liga, 6 Copas de España, 6 Copas de Europa (as 5 primeiras edicións de xeito consecutivo) e unha Copa Intercontinental. Pola súa parte, a sección de baloncesto conquistou baixo a súa presidencia outros tantos títulos: 6 Copas de Europa, 2 copas Intercontinentais FIBA, 19 Campionatos de Liga e 18 Copas de España. Entre outras distincións, recibiu a Lexión de Honor francesa, a Gran Cruz do Mérito Civil e a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Almansa, Albacete

  • Deceso

    Lugar : Madrid