"Bibiano" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Bibiano Morón Giménez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Agrónomo e político. Estudiou ciencias naturais nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, na que acadou o título de doutor (1925) e ampliou os seus coñecementos no estranxeiro. Foi catedrático de Agricultura, director do instituto de ensino medio de Pontevedra e profesor de bioloxía no instituto Lope de Vega de Madrid. Participou na Misión Biolóxica de Galicia, na que desenvolveu traballos de investigación sobre as patoloxías víricas das patacas. Foi un dos fundadores do Centro Republicano de Pontevedra (1931) e participou na fundación da Federación Republicana Gallega (FRG). Elixido alcalde de Pontevedra en abril de 1931, dimitiu ao ano seguinte e pasou a ocupar a presidencia da Deputación. Durante a Guerra Civil encargouse da dirección de Política, o diario de Izquierda Republicana, e foi nomeado por Negrín comisario xeral do exército (marzo de 1938). Trala Guerra Civil exiliouse en México, onde exerceu como profesor na Universidad Autónoma e no Instituto Politécnico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de   Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da   Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO