"Bilbao" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol vasco fundado en 1898. Ao crearse o Campionato Nacional de Liga en 1928, foi un dos 10 equipos invitados pola Federación Española de Fútbol a participar na primeira división; dende entón militou sempre na máxima categoría. Acadou 23 títulos de campión de España (Copa) e 8 de campión de Liga. O seu uniforme componse de camiseta a raias brancas e vermellas con pantalón negro. Dende 1913 disputa os seus partidos como local no Estadio de San Mamés. Ao longo da súa historia vénse caracterizando por empregar unicamente xogadores naturais de Euskal Herria ou, cando menos, de orixe vasca, para o cal se esforza en manter unha escola de fútbol (Lezama) e potenciar os seus equipos inferiores. Froito deste traballo son as ducias de xogadores que, formados na súa disciplina, militaron nos equipos máis punteiros do estado ou na selección española (Telmo Zarra, Iríbar, Andoni Goicoetxea, Andoni Zubizarreta, Julio Salinas, Julen Guerrero, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria domiciliada en Bilbao e creada no 1988 como resultado da fusión do Banco de Bilbao e do Banco de Vizcaya. En 1999 adquiriu Argentaria (Corporación Bancaria de España), converténdose deste xeito nun dos principais dous bancos españois, en competencia co Banco Santander Central Hispano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con sede social en Bilbao nacida da fusión entre o Banco Bilbao Vizcaya e Argentaria (Corporación Bancaria Española), aprobada polos respectivos consellos administrativos o 19 de outubro de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Bilbao no ano 1857 e que tivo, ata o ano 1874, funcións de banco comercial e de banco emisor. Foi promovido pola xunta de comercio de Bilbao coa intención de convertelo nun instrumento de apoio ás empresas vascas. O seu crecemento asentouse na liña da banca mixta: unha rede de sucursais e unha carteira de valores industriais, na que destacan os sectores tradicionais do País Vasco: a siderometarluxia e o transporte marítimo e ferroviario. A crise bancaria que afectou a España no tardofranquismo e durante a Transición, deulle a oportunidade de adquirir algúns bancos afectados: tres do grupo Rumasa (Banco de Extremadura, Banco del Noroeste e Banco Latino), un galego (Banco de La Coruña), un valenciano (Banco de Promoción de Negocios) e un catalán (Banca Mas Sardà). No ano 1988 fusionouse co Banco de Vizcaya para formar o Banco Bilbao Vizcaya.
-
CIDADES
Cidade e capital do territorio de Bizkaia, Euskadi, situada nas marxes do río Nerbión (358.875 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A expansión da cidade comezou no 1862 coa explotación do mineral de ferro de Somorrostro. No ano 1890 o antigo núcleo comezou a absorber localidades veciñas, formando barrios máis ou menos homoxéneos: Bilbao Vello, Abando, o Ensanche, Albia, Atxuri, Basurto, Begoña, Rekaldeberri, Deusto, Castrejana, Zorroza e Erandio. O centro comercial do Bilbao moderno está constituído pola Gran Vía de López de Haro. Outro centro comercial importante está representado polas rúas de Bidebarrieta e Correo, ambas as dúas no núcleo antigo. A área de influencia de Bilbao esténdese ao Gran Bilbao, área con personalidade xurídica propia dende 1945, que ten unha extensión de 398,26 km2 e constitúe unha aglomeración urbana que se achega a 1.000.000 h (entre outros abrangue os concellos de Barakaldo, Portugalete, Sestao e Santurtzi). É o verdadeiro núcleo... -
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. Traballou na segunda metade do s XVI. O seu estilo está en relación con Gaspar Becerra e co núcleo de pintores manieristas que estiveron na diocese de Astorga. Exerceu o seu labor en San Xián de Casaio (Sobradelo), no retablo maior de Santa María de Casaio (Sobradelo) e no retablo maior de Santa María de Castro Caldelas (Ourense)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución museística con sede en Bilbao. Situada ao mesmo nivel ca a ría do Nervión, naceu da colaboración entre as institucións vascas e a Salomon R. Guggenheim Foundation. Inaugurado o 3 de outubro de 1997, foi proxectado por Frank Owen Ghery. Está composto por distintos volumes interconectados, uns ortogonais cubertos por pedra calcaria, e outros curvos cubertos con placas de titanio, combinados por muros cortina de vidro. Dispón de 11.000 m2 dedicados á exposición. A colección permanente está integrada polos fondos procedentes do Guggenheim Museum, da Peggy Guggenheim Collection e do propio museo. Realiza exposicións temporais, conferencias, mesas redondas e actividades para centros escolares.