"Bouzas" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concello anexionado ao de Vigo por resolución das Cortes españolas de data 30.4.1904, executada o 5.10.1904. Durante o Antigo Réxime Bouzas era unha xurisdición da provincia de Tui que abranguía as parroquias de Beade, Bembibre, Bouzas, Coia e Coruxo, baixo o señorío do bispo e cabido tudense. Ao establecerse o municipalismo consonte ás disposicións emanadas da Constitución de Cádiz, a antiga xurisdición converteuse en axuntamento en 1812, adscrito á provincia de Galicia e ao distrito do Val do Fragoso. En 1814, derrogada a Constitución, volveuse á administración señorial, disolvéndose o concello. Durante o trienio liberal (1821-1823), restableceuse o concello, integrado no partido e provincia de Vigo a partir de 1822. Suprimidos de novo o municipalismo e mais a Constitución en 1823, hai que agardar ata 1835 para que se constitúa de novo o concello, adscrito esta vez ao partido de Vigo e á provincia de Pontevedra. Neste derradeiro período (1835-1904) as parroquias que integraban...
-
-
Bouza.
-
Liñaxe galega que leva como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de goles, catro barras de ouro; segunda partición, campo de goles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Xosé Rodríguez Bouzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de Vigo.
-
MONTES
Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechaus (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio ten unha altitude de 1.463 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e investigador. Estudiou no Seminario Maior de Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1895 e do que foi profesor. As súas investigacións centráronse nos eidos da arqueoloxía e da historia. Colaborador do Boletín de la Real Academia Gallega, publicou entre outros artigos “Los juegos y danzas en las fiestas compostelanas” (1925), “Palacios y fortalezas en la Mitra de Santiago antes de la guerra hirmandina” (1926) e “El hospital de San Lázaro de Santiago” (1928). Escribiu La guerra hirmandina: s XV (1926), Fray Rafael de Vélez y el seminario de Santiago (1927), Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), La Guerra de Sucesión en Galicia (1935) e La pintura gallega (1950). Renunciou ao seu nomeamento como académico da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade quincenal que apareceu en Bouzas o 12 de outubro de 1902. Fundouna Xosé Pérez Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fillo de Xoán Antonio García de Bouzas. Formouse co seu pai, co que colaborou, entre outras obras, na igrexa dos xesuítas de Pontevedra e no retablo maior de San Paio de Antealtares. Instalouse en Lugo cara a 1735. Traballou na catedral nos retablos de Santiago e santo Uxío e no dourado da custodia da capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes. Realizou, entre outras obras, o pintado do retablo de Santa María das Viñas en Betanzos (1738) e o dourado e pintado dos colaterais de San Pantaleón das Viñas (1746).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse en Madrid con Lucas Jordán. Dende 1707 estivo vinculado á catedral compostelá, da que foi nomeado mestre pintor en 1726. A súa primeira obra na catedral foi unha representación da Verónica para o retablo da Soidade realizada en 1707, época na que tamén puido realizar a Visión de Storta, no retablo de Santo Ignacio na igrexa da Compañía, obra os dous retablos de Domingos de Andrade. A comezos do s XVIII realizou unha serie dedicada á vida de san Francisco de Asís por encargo do bispo frei Damián Cornejo para o convento de San Francisco de Ourense, que mostra a influencia do seu mestre no emprego das luces douradas, das gamas cromáticas frías e da pincelada rápida. Cara a 1716 pintou o altar e o pedestal da capela catedralicia das Ánimas, con Francisco Sánchez, e en 1719 comezou a colaborar con Fernando de Casas na capela do Pilar, onde ademais de pintar os elementos e estruturas arquitectónicas realizou A aparición da Virxe a Santiago Apóstolo e aos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e presbítero. Colaborou en publicacións como Las Mercedes de María e O Tío Marcos da Portela, onde empregou o pseudónimo de Roque Grilo Berzas. Escribiu xunto con Xosé Martínez de Pazos Baraja mística (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SO da parroquia de Trabada, no concello homónimo. O seu cumio acada os 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SO da parroquia de Friol, no concello homónimo. O seu cumio acada os 505 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Anarcosindicalista. Coñecido como João Peres, emigrou a Brasil en 1915. Residiu en São Paulo, onde participou activamente en numerosas folgas; en 1924 encabezou o comité revolucionario desta cidade. Sufriu torturas durante o período fascista de Getúlio Vargas e foi desterrado a Rio Grande do Sul. Á caída da ditadura de Vargas, retornou a Rio de Janeiro onde participou na fundación do xornal Ação Direta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
iascón, Cotobade 4.11.1920 - Pontevedra 24.3.1992) Gaiteiro. Comezou a tocar moi novo da man do seu pai, Emilio Portela, que tamén era gaiteiro. Con doce anos marchou a Vigo, onde foi perfeccionando a súa técnica co mestre Xosé Oliveira o Moreno. En 1942 roubáronlle a gaita que lle regalara seu pai en 1934 e estivo sen tocar trece anos, ata que coñeceu a Antonio Fernández, que lle cedeu unhas gaitas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. En 1955 emigrou a Venezuela e fundou o grupo de gaitas do Lar Galego de Caracas, que dirixiu ata o seu regreso a Galicia en 1959. En 1968 gravou, xunto co seu irmán Xesús, un disco co grupo Irmáns Portela. Posteriormente, en 1980, gravou Festa en Viascón, que contou coa participación de Xosé V. Ferreirós. Foi un mestre da gaita dotado dunha técnica única, especialmente no sistema do “tocar pechado”.
-
PERSOEIRO
Actriz. Formada na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (1983-1987), desenvolveu o seu labor en diversas producións do Centro Dramático Galego, como O mozo que chegou de lonxe (1988), de J. M. Synge; A casa dos afogados (1991), de M. A. Fernán-Vello; e Un soño de verán (1992), de W. Shakespeare; e colaborou con Teatro de Aquí en Saxo Tenor (1994), de R. Vidal Bolaño. En 1992 fundou, xunto con María Pujalte, a Compañía de María, coa que elaborou varios espectáculos. Presentadora e actriz de programas e series da TVG, como Superamigos, A Familia Pita, Pratos combinados e Terra de Miranda, participou como actriz de reparto en Urxa (1989), Martes de Carnaval (1991), A metade da vida (1994), Arde amor (1998), Sei quen es (1999), El regalo de Silvia (2003) e Heroína (2005). Recibiu o Premio Tirso de Molina (1987) pola súa participación na obra El veneno...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.