"Brigantium" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade vinculada ao pobo dos ártabros (arrotrebae) que presenta algúns problemas de localización, podendo tratarse da actual Coruña ou de Betanzos. Antes da chegada de César, esta comarca do NO da Gallaecia tiña sona como enclave comercial dotado dun porto situado nas grandes rutas comerciais do Atlántico e afeito a recibir a visita de comerciantes e mercadores. Nos anos 60-61 a C, César dirixiu unha campaña neste territorio para obter un importante botín e ampliar así as relacións comerciais. A expedición serviu tamén para comprobar as riquezas mineiras da Gallaecia, fundamentalmente o ouro, deixando a rexión en condicións de recibir unha explotación comercial regularizada. A dominación romana non foi efectiva ata a fin das Guerras Astur-Cántabras. En Brigantium debeu existir un gran porto, en consonancia coa categoría do faro romano que aínda se conserva, e posiblemente a súa estrutura estivese formada por un dique con sucesivos arcos, por debaixo dos que se introduciría o mar....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña no ano 1980. Subtitulouse “Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña”. Tivo dous directores, Felipe Senén López e o director honorario Manuel Chamoso Lamas. Esta publicación bilingüe, que se editaba cada ano, contou coa colaboración de J. M. Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado Gómez e Raquel Casas García, entre outros. Na presentación afirmaba o seu interese pola arqueoloxía, prehistoria, historia, etnografía, arte, epigrafía e numismática. Nos volumes que van dende o número 2 ao 6 inseriu unha sección que se denominou “Varia”. Deulle prioridade á prehistoria, mentres que case non daba cabida ás investigacións sobre os séculos XIX e XX, etapa na que se desenvolveu a prensa galega. Destacou pola excelente presentación e pola calidade dos traballos, sempre ben documentados e ilustrados. Os artigos abranguían dende o mundo técnico, ata os costumes populares. Foi unha das poucas publicacións galegas que antes do artigo insería...

    VER O DETALLE DO TERMO