"Bugarín" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. O topónimo ao que remite presenta etimoloxía escura. Documéntase desde o s XIII: “Alfonso Rodriguez Bugarin” (doc ano 1250 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 532).
-
Liñaxe orixinaria da parroquia Bugarín, en Ponteareas, que deixou ilustres membros pola vilas do sur de Galicia como Porriño, Baiona, Pontevedra, etc. As súas armas levan escudo cortado: primeira partición, en campo de prata, con tres flores de lis de azul, postas en faixa; segunda partición, en campo de azul, cun brazo nacente do flanco sinistro, agarrando coa man tres ou catro paos entrecruzados, de prata. Outra variante trae escudo cortado: primeira partición, en campo de prata, con tres lises de azul colocadas en faixa; segunda partición, en campo de azul, cun brazo vestido movente do lado sinistro, sostendo na man tres varas de prata. Reséñase tamén outro escudo que ostenta: en campo de ouro, dous brazos vestidos e enluvados, moventes, un do flanco sinistro e outro do destro, sostendo cada man un feixe de ramallos de prata.
-
-
GALICIA
Dominicano. Deixou manuscritas varias obras, entre outras, Anales del Reino de Galicia, Historia eclesiástica y profana (catro tomos conservados no arquivo do Cabido de Santiago de Compostela) e Historia del apóstol Santiago, único y singular patrón tutelar de las Españas (hoxe na Academia da Historia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. Foi misioneiro en Filipinas, entre outras, nas localidades de Pata Island, Abulug e Tuguegarao, superior do convento de Manila dende 1661 e vigairo de varias misións dende 1669. Coñecedor das linguas indíxenas, escribiu Arte de hablar el ibanag e un Vocabulario do mesmo idioma.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e mestre de obras; probablemente irmán de Cibrán Domínguez Bugarín. Activo entre 1694 e 1714. En 1694 realizou o retablo da capela maior da igrexa de San Lourenzo de Salvaterra do Miño (Pontevedra), segundo traza de Domingos de Andrade, e en 1694 contratou coa confraría da Soedade da catedral de Tui o seu retablo, axustándose á planta de frei Francisco Antonio de Andrade. Dende 1695 traballou con Marcial González na capela de Santa Liberata de Baiona. Realizou na caixa do órgano da catedral tudense (1697) e reedificou parte da igrexa de Tomiño (1698). Seguindo un deseño de Domingos de Andrade, entallou o retablo maior do convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1700).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).
VER O DETALLE DO TERMO