"COE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 127.

  • Derivado acetilado do coenzima A (HS.CoA), que actúa como axente de acetilación. Intervén nas principais reaccións metabólicas intracelulares. As fontes biolóxicas máis importantes da acetilocenzima A son: primeiro, a descarboxilación oxidativa do ácido pirúvico; segundo, a β-oxidación dos ácidos graxos; terceiro, a degradación de determinados aminoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos derivados acilados do coenzima A, representables polo símbolo RCO-S.CoA, no que R indica, en xeral, unha cadea parafínica de número impar de átomos de carbono. A súa constitución é igual á do acetiloenzima A (R=CH3). Os acilcoenzimas son intermediarios no catabolismo dos ácidos graxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar terra ao pé das plantas, ao tempo que se limpan as malas herbas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador de cine cómico norteamericano, máis coñecido por Fatty, nome do popular personaxe que creou. Aproveitou a súa corpulencia, a súa cara de meniño e a súa gordura para conformar un personaxe singular no cine cómico daqueles anos. Traballou moito para Mack Sennet, Henry Pathé Lehrman e Charlie Chaplin. Participou, entre outros, nos filmes The alarm (A alarma, 1914), Fatty and the heiress (Fatty e a herdeira, 1914), Love and lobsters (Amor e lagostas, 1916), The other man (O outro home, 1916), The garage (O garaxe, 1920), e Hollywood luck (Sorte Hollywood, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello Ecuménico das Igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especializado en carreiras de medio fondo, estableceu, ao longo da súa traxectoria deportiva, doce plusmarcas mundiais en catro distancias (800 m, 1.500 m, 1.000 m e a milla). Proclamouse campión olímpico dos 1.500 m nos Xogos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984), feito que o converteu no primeiro atleta que conseguiu revalidar o título olímpico nesa distancia; ademais obtivo senllas medallas de prata nos 800 m neses mesmos campionatos. Foi tamén campión de Europa de 1.500 m e 800 m (Stuttgart, 1986), campión de Europa de 800 m en pista cuberta (Donostia, 1979), vencedor da Copa do Mundo en 1979 e 1981, e medalla de bronce e prata nos campionatos europeos de Praga (1978) e Atenas (1982), na proba dos 800 m. No verán de 1979 superou de xeito consecutivo as plusmarcas mundiais de 800 m (5 de xullo), da milla (17 de xullo) e dos 1.500 m (15 de agosto). Os técnicos da federación británica de atletismo non o convocaron para os Xogos Olímpicos de Seúl (1988), argumentando problemas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Coñecido como Van Aalst, foi discípulo de Barend van Orley e Jan van Dornicke. Residiu en Roma e en Constantinopla. O tríptico do Descendemento identificouno co chamado mestre das Santas Ceas. Traduciu ao neerlandés os tratados de Serlio e Vitrubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edición feita conxuntamente por dous ou máis editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editar unha obra xunto con outro editor ou editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que edita conxuntamente con outro editor ou editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de educación que reciben conxunta e indistintamente alumnos de ambos os dous sexos nunha institución educativa. Unha expresión máis ampla do concepto reflicte un modelo educativo que non remata nos centros de ensino, senón que se estende a outros estamentos. Aínda que con frecuencia ao ensino en común (clases mixtas) tamén se lle aplica esta denominación, o certo é que neses casos habería que falar de “coinstrución” porque a coeducación comporta, ademais da convivencia, unha orientación de tipo educativo na que as diferencias sexuais se consideran factores estruturais da educación e remite á expresión dun programa pedagóxico que pretende un cambio na distribución tradicional dos papeis entre homes e mulleres. De aí que sempre resulte máis doado educar por separado que coeducar, porque a coeducación supón unha responsabilidade engadida para o centro escolar e, sobre todo, para os profesores, na medida en que implica facerse cargo de alumnos e alumnas en réxime de igualdade e convivencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Educar segundo o modelo da coeducación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperación de dúas ou máis causas para lograr un mesmo efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa xunto con outra cousa para producir un efecto.

    2. Número ou parámetro que multiplica unha expresión alxébrica en forma de monomio.

    3. Magnitude que caracteriza unha determinada propiedade dun sistema. Xeralmente, exprésase mediante un cociente ou un produto de magnitudes de diferentes especies, de maneira que o seu valor numérico ten dimensións e debe expresarse en termos dunha unidade de medida, que provén do cociente ou do produto das unidades das magnitudes que o definen. A miúdo, os coeficientes confúndense cos factores, que normalmente son cocientes de magnitudes da mesma especie e, polo tanto, números adimensionais. Ex: coeficiente de dilatación.

    4. Norma sobre as relacións entre as partidas de balance bancario, establecida pola autoridade monetaria, para darlle solidez á entidade bancaria, garantir a seguridade dos depósitos e aplicar a política monetaria do goberno.

    5. Relación entre o número de especies comúns a dous inventarios e o número total de especies dos dous inventarios xuntos.

    6. alor numérico que expresa o tanto por cento de descendentes que sobreviven cun xenotipo homocigótico recesivo.

    7. Denominación impropia do cociente intelectual.

    8. Cantidade dun determinado produto, expresada en unidades monetarias, necesaria para conseguir a produción dunha unidade doutro ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Talo da col.

    VER O DETALLE DO TERMO