"Charlotte" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Escritora e científica. Estudiou Botánica e Anatomía, adheríndose ás teses de Voltaire, Lavoisier, etc. Entre as súas obras destacan Sobre a amizade (1761), As paixóns (1764), Vida de María de Médicis (1774) e o seu Tratado sobre a putrefacción (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. En 1846 publicou un poemario baixo o pseudónimo de Currer Bell e a súa primeira novela, The Professor (O profesor), non atopou editor e foi publicada postumamente; pola contra, Jane Eyre (1847) acadou unha gran fama no seu tempo e abriu paso á novela feminista inglesa. Publicou ademais as novelas Shirley (1849) e Villette (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Carolina do Norte, nos EE UU (441.297 h [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, téxtil (baseado principalmente no algodón), químico, siderúrxico, de maquinaria e de equipos eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobremesa ou entremés a base de pan, biscoito ou galletas, e froita.

    2. Calquera alimento de sobremesa presentado envolto en biscoito ou en pasta fina.

    3. ariedade que se elabora con salsa bavaresa espesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo palacio real de Berlín. A súa construción iniciouse en 1695 por Arnold Nering e as obras continuounas Johann Friedrich Eosander von Goethe entre 1701 e 1713, quen o coroou cunha cúpula esvelta. É probable que Andreas Schlüter interviñera na realización da súa parte central. Entre 1740 e 1746 Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff ampliouno, e entre 1748 e 1790 Karl Gotthard Langhans construíu o teatro. Durante a Segunda Guerra Mundial sufriu un incendio. Restaurado posteriormente, é sede de distintos museos. Deu nome a un antigo concello e actual barrio de Berlín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionaria francesa. De orixe nobre, foi educada nos principios da Ilustración. Foi simpatizante dos xirondinos durante a Revolución Francesa. Trasladouse a París, onde decidiu asasinar a Marat. O 13 de xullo de 1793 conseguiu que este a recibise e apuñalouno mentres estaba no baño. Foi condenada por un tribunal revolucionario e guillotinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicóloga e pedagoga. Coñecida como Charlotte Bühler, apelido que tomou do seu marido Karl Bühler, estudiou na Universidade de Múnic, colaborou co goberno socialista de Viena e, desde 1934, exerceu a docencia en EE UU. Estudiou a psicoloxía de nenos e adolescentes por medio do método psicolóxico, obxectivo e persoal (enquisas, autobiografías, diarios), e desenvolveu unha ampla teoría sobre a evolución dos xogos infantís. Describiu a actividade infantil como “un arco que vai progresivamente do xogo ao traballo” e distinguiu tres fases de xogos na actividade infantil: o xogo funcional, o xogo imaxinativo ou de representación, e o xogo de construción. Dos seus traballos destacan Das Märchen und die Phantasie des Kindes (O conto e a fantasía do neno, 1918), Das Seelenleben des Jugendlichen (A vida anímica do adolescente, 1922), Kindheit und Jugend (Infancia e mocidade, 1928) e Lebenslauf und Lebensziel (Antecedentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa alemana. Traballou para as publicacións Twen e Brigitte (1956), e os seus traballos, que amosan un punto de vista moi particular, foron expostos en Hamburgo e Berlín. Publicou Mann, oh! Man (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO