Hertzer, Charlotte
Psicóloga e pedagoga. Coñecida como Charlotte Bühler, apelido que tomou do seu marido Karl Bühler, estudiou na Universidade de Múnic, colaborou co goberno socialista de Viena e, desde 1934, exerceu a docencia en EE UU. Estudiou a psicoloxía de nenos e adolescentes por medio do método psicolóxico, obxectivo e persoal (enquisas, autobiografías, diarios), e desenvolveu unha ampla teoría sobre a evolución dos xogos infantís. Describiu a actividade infantil como “un arco que vai progresivamente do xogo ao traballo” e distinguiu tres fases de xogos na actividade infantil: o xogo funcional, o xogo imaxinativo ou de representación, e o xogo de construción. Dos seus traballos destacan Das Märchen und die Phantasie des Kindes (O conto e a fantasía do neno, 1918), Das Seelenleben des Jugendlichen (A vida anímica do adolescente, 1922), Kindheit und Jugend (Infancia e mocidade, 1928) e Lebenslauf und Lebensziel (Antecedentes persoais e obxectivo da vida, 1969).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Stuttgart