"Chelo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica e produtora inglesa. Xunto co seu marido fundou a Halas and Batchelor Cartoon Films, coa que fixeron filmes de propaganda e as primeiras longametraxes de animación inglesa. Realizaron Animal farm (Rebelión na granxa), unha sátira baseada na obra de George Orwell. Dirixiron, entre outras, The pocket cartoon (O debuxo da bolsa, 1941), Magic canvas (As velas máxicas, 1951), History of the cinema (A historia do cine, 1956) e What is a computer? (Que é unha computadora?, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pataca cocida coa súa pel en auga e sal, moi utilizada como acompañamento de diversos pratos en Galicia. Ás veces aplícase este termo á pataca cocida sen pel ou á pataca cocida cortada en cachos.

    2. Anaco de pataca que contén o grelo para poder sementala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paraxe natural situada á beira do río Mandeo compartida polos concellos de Coirós e Paderne. Unha ruta de a pé percorre o curso do río, onde tamén se pode practicar a pesca deportiva. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos muxílidos ao que pertence o muxe negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de quelónidos mariños ao que pertence o sapoconcho verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 couselo.

    2. Denominación común coa que se coñecen certos moluscos, como a voandeira e o berberecho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. No culto católico, pedra consagrada no centro do altar que contén reliquias, polo xeral de mártires ou santos, sobre a que o sacerdote celebra a misa e a eucaristía cando o altar non está consagrado.

    2. Pedra consagrada na que se fan ou depositan ofrendas ás divindades, nalgunhas culturas en forma de sacrificio de seres vivos. Xeralmente é de dimensións reducidas e está inserida nunha construción maior; sen embargo, en ocasións chegan a ter entidade de edificación autónoma. No antigo Exipto podían ser cadradas, poligonais, cilíndricas ou troncocónicas. En Asia Menor adoitaban consistir nunha mesa cun ou catro pés. En Grecia eran de pedra ou arxila. A ara romana estaba formada por tres corpos: o superior ou cornixa, saínte e cun ou varios focus ou foculus, oco destinado a gardar as ofrendas; o central, un pouco máis retraído e de maior altura que albergaba o texto epigráfico; e o inferior que facía de basa. As aras estaban destinadas ao culto do emperador e dos deuses, salientando as dedicadas a Xúpiter baixo diferentes advocacións. As aras atopadas na Gallaecia seguen o modelo tradicional da ara clásica romana; o conxunto máis amplo de aras procede do castro de Donón...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arar.

    2. Parte da corda utilizada para amarrar os cornos da vaca ao xugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plantas da familia das ninfeáceas, herbáceas acuáticas perennes, cun forte rizoma que permanece enterrado nos fondos lamacentos do que saen as follas aboiantes ou parcialmente emerxidas e circulares de ata 30 cm. Presenta flores brancas, amarelas ou rosas, illadas e con numerosos estames.

    2. Ara de flores amarelas de 4 a 6 cm de diámetro, de 5 ou 6 sépalos amarelos cóncavos, 20 pétalos menores e máis estreitos, e estames numerosos e apertados. Propia de cursos lentos ou augas estancadas de ata 3 m de fondura. Aparece na Galicia oriental en sistemas turbosos montañosos.

    3. Ara de flores brancas de 10 a 20 cm de diámetro, de máis de 20 pétalos. Especie de cursos lentos e lagoas de menos de 2 m de fondura de toda Europa. Tamén empregada en xardíns para adornar os estanques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. A súa obra evolucionou dende o dinamismo ata o estatismo (1995). Traballou coas técnicas do óleo e do acrílico e empregou, entre outros materiais, as ceras e o barro. Fundou con Willy Éter e Manuel Carballido a revista Artilujio. Realizou ilustracións en A Nosa Terra e nos libros To Be Continued..., de Manuel Carballido, e Kitaro/ti, de Brais do Castro. Colaborou na realización das portadas de Xeografía Urbana de Galicia. Realizou exposicións, entre outras en, Santiago de Compostela, A Coruña, Monforte, Vigo e Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 guincho.

    2. Trunfo pequeno no xogo das cartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michelozzo di Bartolomeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Melozzo da Forlì, foi discípulo de Piero della Francesca. Influenciado por A. Mantegna, desenvolveu a perspectiva. Traballou na decoración da Biblioteca Vaticana, na capela de Il Tesoro en Loreto e en Urbino, onde o seu estilo se enriqueceu con achegas de D. Bramante e P. Berruguete. En Roma decorou a ábsida da igrexa dos Santi Apostoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Coñecido como Michelozzo, foi discípulo de F. Brunelleschi. Traballou no convento de San Marco (1437-1452) e, protexido por Cosme de Medici o Vello, iniciou (1444) a construción do Palazzo Medici-Ricardi, ambos os dous en Florencia. Decorou as vilas de Careggi (1431) e Cafaggiolo (1451), preto de Florencia e en 1460 chegou a Milán, onde deu a coñecer o estilo florentino combinado con elementos decorativos lombardos, como na capela Portinari da igrexa de San Eustorgio (1460), en Milán. Como escultor foi discípulo e colaborador de L. Ghiberti e Donatello e realizou o Monumento Arangazzi na catedral de Montepulciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • violoncello.

    VER O DETALLE DO TERMO