Facal, Chelo
Facal, Chelo
Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. A súa obra evolucionou dende o dinamismo ata o estatismo (1995). Traballou coas técnicas do óleo e do acrílico e empregou, entre outros materiais, as ceras e o barro. Fundou con Willy Éter e Manuel Carballido a revista Artilujio. Realizou ilustracións en A Nosa Terra e nos libros To Be Continued..., de Manuel Carballido, e Kitaro/ti, de Brais do Castro. Colaborou na realización das portadas de Xeografía Urbana de Galicia. Realizou exposicións, entre outras en, Santiago de Compostela, A Coruña, Monforte, Vigo e Madrid.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña