"Cosme" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • PERSOEIRO

    Pintor e retratista real. A consecución do primeiro premio da Real Academia de San Fernando, co lenzo O sacrificio de Abrahán (1781), provocou o seu traslado ata Madrid. No ano 1786 viaxou a México, onde exerceu de director da Academia de Belas Artes de San Carlos ata 1795, ano do seu regreso a España. Dous anos máis tarde converteuse no director da Real Academia de San Fernando, aínda que a súa carreira diplomática se truncou en 1807, cando o substituíu o galego Gregorio Ferro. Dentro da súa obra, marcada por un estilo academicista, cómpre salientar a súa obra retratística e relixiosa sobre parede (frescos do Real Sitio de San Lourenzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comandante da Mariña e enxeñeiro. Participou no deseño e planificación dos grandes estaleiros que a Coroa decidiu instalar en Ferrol e Cádiz durante a primeira metade do século XVIII. Na cidade ferrolá participa na construción do Arsenal da Graña (1747), no do Esteiro e no do barrio da Madalena (1749).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome que, etimoloxicamente, parece proceder do latín eclesiástico Cosmas, termo derivado do grego Kοσμ ã ς; e este, á súa vez, de κόσμιον ‘ornamento’. Segundo outra hipótese, a súa orixe estaría no grego κόσμιος ‘modesto, prudente’, voz que deriva probablemente do verbo κοσμέω ‘ordenar’ ou do substantivo κόσμος ‘orde, mundo, ceo, gloria’. Este antropónimo presenta as variantes Cósmede e Cosmade, e como formas populares, Corme e Colme. San Cosme e san Damián (ss III-IV), celebrados o 26 de setembro, son patróns dos médicos e farmaceúticos. En Galicia, san Cosme é titular de 25 parroquias (coa forma Cosmede en Cusanca, concello do Irixo) e patrón de Barreiros, onde o celebran o 27 de setembro. Na tradición oral recóllense ditos que testemuñan a devoción cara a estes santos: “San Cosme...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Florencia (1537-1574) e gran duque de Toscana (1569-1574). Fillo de Giovanni Medici, chamado dalle Bande Nere (das Bandas Negras), e membro dunha rama colateral dos Medici. Despois do asasinato do duque de Florencia Alexandre I (1537), foi nomeado xefe da República e gobernou contando coa axuda da asemblea, do consello e do senado. Fracasou no intento de apoderarse de Lucca e do Piombino, pero no 1555, despois dun longo asedio, ocupou e anexionou a República de Siena. Estableceu un eficaz aparato de goberno sobre Toscana, centralizou todos os servicios públicos no edificio dos Uffizi e emprendeu melloras agrarias e navais. Mantivo as súas alianzas co Emperador Carlos V e co seu fillo Filipe II, aínda que tamén mantivo boas relacións cos franceses e co papado, que recaía noutro Medici, Paulo III. Exerceu o mecenado sobre un notable conxunto de artistas, como Bertomeu Ammannati, Pontorno e Bronzino, e favoreceu os estudios ling|üísticos co establecemento da Academia de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1609-1621), fillo de Fernando I de Medici. Tentou manter o equilibrio entre España e Francia, colaborando nas negociacións entre ambos os dous países que culminaron nos matrimonios entre Filipe IV e Isabel de Francia (1616). A súa flota enfrontouse con éxito aos turcos no Mediterráneo e mantivo relacións comerciais co emir druso Fakhr ad-Din, co que conseguiu vantaxes comerciais no tráfico con Oriente. Continuou o labor dos seus devanceiros como mecenas de Matteo Nigetti e Pietro Tacca, e protexeu a Galileo. Abandonou definitivamente as actividades bancarias e comerciais dos Medici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1670-1723), fillo de Fernando II. O seu goberno caracterizouse pola vontade de manter a neutralidade nas guerras de Luís XIV e pola decadencia interna, debida á influencia da nobreza cortesá e do clero. Ao temer a extinción da liña masculina da dinastía, aboliu a bulla aurea para posibilitar a sucesión da súa filla Ana Luísa, aínda que a Cuádruple Alianza, formada por Francia, Inglaterra, Holanda e España, decidiu no Tratado de Londres (1718) que no caso de extinción da liña masculina, o Gran Ducado de Toscana, xunto con Parma e Piacenza, pasarían a mans do infante Carlos de Borbón (futuro Carlos III de Borbón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador, viaxeiro e monxe. Escribiu a obra Topografía cristiá, na que se combinan as descricións tridimensionais do mundo cunha cosmoloxía -que interpretou dun xeito persoal- recollida da Biblia e do teólogo Oríxenes. Iniciou unha nova tradición cartográfica, de tipo alegórico e regresiva respecto ás teorías de Ptolomeo, que perdurou durante algúns séculos dentro do mundo cristián. Foi o primeiro escritor occidental que falou de China dun xeito explícito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Xunto ao seu irmán Damián dedicábanse a sandar enfermos e facer curacións milagrosas, polo que son patróns da profesión médica e farmacéutica e dos hospitais. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanos, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc. Na iconografía visten roupa de médico (cun bonete ou un capuchón) e levan como atributos persoais algún instrumento da súa profesión. A súa festa é o 26 de setembro, inda que antano tamén se celebraba en Galicia o 22 de outubro. É titular de 25 parroquias (na parroquia de Cusanca, no Irixo, coa forma Cosmede) e tamén é patrón do concello de Barreiros, lugar onde o celebran o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e industria que trata da preparación e aplicación dos cosméticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao coidado, á conservación e ao embelecemento do cabelo, da pel, dos dentes, das unllas e doutras partes do corpo ou que ten esta finalidade.

    2. Produto ou preparado de aplicación externa empregado polas súas calidades cosméticas. Poden empregarse para o tratamento da pel, para a limpeza e branqueo dos dentes, para maquillaxe, para tinguir o pelo ou as unllas, para fixar o peiteado ou para dotar de brillo o cabelo. Outros cosméticos son, por exemplo, os desodorizantes, os produtos de perfumería, os produtos para protexer a pel dos efectos do sol ou para intensificar o bronceado, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborou en diversas publicacións de Pontevedra e Vigo. Escribiu, entre outras obras, Descripción de Pontevedra y del río Lérez (1892), Pontevedra. Sus produciones agrícolas (1880) e Memoria sobre el estado actual de la Agricultura, Industria y Comercio de la provincia de Pontevedra (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Maianca (Oleiros). Edificada antes do s X, reconstruíuse posteriormente con elementos de construcións próximas. No exterior conserva un nártex porticado e un campanario de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada no concello de Irixoa. Apareceu citada no s XII co nome de Armentarias. Ten unha soa nave, con ábsida de planta rectangular. Destaca a entrada principal, con tímpano decorado e tendencias oxivais na forma, características que tamén presenta o arco triunfal do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Construída no s XVIII en estilo barroco, consta de planta rectangular cunha soa nave. O arco triunfal é de medio punto. A cuberta realizouse a varias augas, con cuberta de tella curva. A espadana, dobre, remata en pináculos con bóla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Becerreá. Construíuse entre os ss XII e XIII, en estilo románico tardío. Ten planta rectangular con muros de cachotaría miúda e no seu interior destaca o retablo maior barroco e o retablo lateral de liñas neoclásicas e decoración rococó (1970). A ábsida ten un tramo recto e cóbrese con bóveda de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Cosme de Piñeiro (A Pastoriza). O seu cumio acada os 635 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de San Cosme de Barreiro, capital do concello de Barreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO