Cosme, san
Mártir. Xunto ao seu irmán Damián dedicábanse a sandar enfermos e facer curacións milagrosas, polo que son patróns da profesión médica e farmacéutica e dos hospitais. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanos, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc. Na iconografía visten roupa de médico (cun bonete ou un capuchón) e levan como atributos persoais algún instrumento da súa profesión. A súa festa é o 26 de setembro, inda que antano tamén se celebraba en Galicia o 22 de outubro. É titular de 25 parroquias (na parroquia de Cusanca, no Irixo, coa forma Cosmede) e tamén é patrón do concello de Barreiros, lugar onde o celebran o 27 de setembro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Arabia -
Deceso
Lugar : Ciro, Siria