"Crimea" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PENÍNSULAS
Península de Europa suroriental, proclamada, despois da disolución da URSS, república autónoma dentro da estrutura administrativa de Ucraína, á que está unida polo istmo de Perekop (27.000 km2; 2.164.000 h [estim 1998]). A súa capital é Simferopol’.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Rodeada polo Mar Negro e o de Azov, no seu relevo distínguense tres rexións: ao N e ao centro, unha chaira dominada pola árida estepa; ao S e seguindo a liña da costa, unha cordilleira de pregamento alpino, as montañas de Crimea; e, finalmente, unha franxa costeira estreita, protexida dos ventos fríos do N. A economía é esencialmente agrícola (cultivo de árbores froiteiras, tabaco, trigo e avea) e gandeira (vacún e lanar). A escasa industria céntrase na elaboración de produtos químicos, fariñas e fertilizantes. O turismo, ademais, é un dos recursos económicos máis importantes. Os centros turísticos da costa meridional, Yalta, Sebastopol (356.000 h [1998]) e Feodosiya, xunto con Yevpatoriya,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico que tivo lugar na península de Crimea entre Rusia e a coalición formada por Turquía, Francia, Reino Unido e, posteriormente, Sardeña (1855). Iniciouse o 23 de setembro de 1853 coa invasión dos principados turcos do Danubio por parte de Nicolao I de Rusia. En 1854 as forzas aliadas iniciaron o asedio a Sebastopol, cuartel xeral da flota rusa, que caeu en 1855, e que deu paso ás negociacións de paz. O congreso, iniciado en París o 25 de febreiro de 1856, culminou co tratado de paz do 30 de marzo de 1856, que supuxo a perda de territorios e influencia rusa na zona e o protectorado europeo sobre os turcos cristiáns. En España, esta contenda repercutiu nunha reactivación intensa da economía, ao quedar bloqueada a saída de cereais rusos.