"Daïa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València (23.425 h [1996]). Árbores froiteiras, horta, trigo, alfarrobeiras, vide e oliveiras. Industria da madeira, téxtil, reloxerías e fabricación de ventás, xoguetes, etc. A igrexa gótica foi restaurada no s XVlll en estilo churrigueresco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión montañosa de Alxeria, situada no interior, entre a cordilleira do Atlas ao NO e a chaira de Souf ao L. O seu relevo está formado por mesetas calcarias, atravesadas por profundos vales.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo daiak.

    2. Individuo pertencente a algunha das etnias protomalaias orixinarias de Borneo.

    3. Pobo indíxena da illa de Borneo que inclúe diversas poboacións, como os grupos kaian e keniah, e as tribos bidaiuh e iban. A tribo dos iban dedicouse á piratería como modo de vida ata que, a mediados do s XIX, foron expulsados das costas da illa. A súa subsistencia baseábase no cultivo itinerante do arroz xunto coa caza e a pesca, e habitan principalmente en casas comunais. O seu sistema social, bastante igualitario nas tribos do interior, ten como base o matriarcado e presentan unha relixión animista, na que se dá culto aos cranios. O número de membros deste pobo ascende a 1.250.000 individuos; sen embargo, malia as súas semellanzas culturais, non presentan ningún sentimento común de identidade.

    4. Lingua pertencente á familia lingüística malaio-polinesia do phylum áustrico que fala o pobo daiak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano, fillo dunha medio irmá de Galerio. Foi adoptado e educado por este e en 305 foi elixido césar confiándoselle as dioceses de Oriente e Exipto. Foi proclamado emperador polos soldados (309) e, trala morte de Galerio, enfrontouse con Licinio polo goberno das provincias orientais. Foi derrotado preto de Adrianópole (313).

    VER O DETALLE DO TERMO