"Dehesa" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Devesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carballeira que pode estar coutada e na que pasta o gando, especialmente cando as condicións dos prados non son as óptimas, como nas horas de maior calor do verán. Este uso provoca cambios na estrutura e composición espontánea do bosque natural, pois orixina un sotobosque máis claro onde predominan as especies menos apetecibles para o gando, como xibardas e acivros, e escasean as herbáceas suculentas.

    2. Ecosistema de creación humana, a partir do bosque mediterráneo espontáneo, no que se procura a obtención de pastos para o gando. Para conseguir estes pastos fanse claros no bosque, aínda que se preserva unha cobertura arbórea que oscila entre o 10 e o 14%, e contrólase logo a rexeneración do sotobosque. A devesa constitúe, polo tanto, un ecosistema seminatural sabaniforme, formado por praderías con árbores do xénero Quercus -no que predominan as especies esclerófilas, como a aciñeira e a sobreira, ás que se lles suman, en zonas máis húmidas, os carballos-, e no que existe unha produción simultánea de gando (porcos, vacas e ovellas), caza menor e maior, leña, carbón e cortiza. As árbores presentan unha forma modificada polas podas que se realizan cada 15-20 anos e que buscan da planta unha copa ampla, e outras podas máis leves, cada 5-10 anos, na que se cortan as pólas menos produtivas. O aclarado do arboredo serve para incrementar a radiación solar incidente sobre o chan, feito que favorece...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Activo entre 1730 e 1756, contratou a obra de construción da Audiencia e Capitanía Xeneral, e do Cárcere Real da Coruña (1748), obra que abandonou en 1758. En 1756 substituíu a Simón Rodríguez na construción do desaparecido cuartel do barrio de Santa Isabel de Santiago, no que debía seguirse o proxecto de 1741 realizado polo enxeñeiro Juan Vergel, obra que tamén se lle atribúe a Lucas Ferro Caaveiro e Domingo Cayetano Gil (1752).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e economista. Foi asesor económico no Segundo Plan de Desarrollo, vicepresidente do FORPA (1969-1970), conselleiro económico da embaixada de España en Pretoria (1970-1975) e director xeral no ministerio de Comercio, Industria e Facenda (1977-1979). Dende xullo de 1980 ocupou a xefatura de xestión das reservas de divisas e relacións internacionais do Banco de España. Foi nomeado secretario xeral de comercio do ministerio de Economía e Facenda (1982) e secretario de estado de Economía e Facenda (1986). En 1988 abandonou a Administración pública e integrouse nos consellos de administración do Banco Exterior de España (BEX), do Instituto Nacional de Hidrocarburos e de Renfe, e foi nomeado conselleiro delegado do Banco Pastor o 22 de xullo dese ano. No 1989 foi elixido membro do grupo de expertos G-30 (organismo internacional independente dedicado ao estudo dos problemas económicos e financeiros do mundo). Colaborou co Instituto de Estudios Económicos de Galicia da Fundación Pedro Barrié...

    VER O DETALLE DO TERMO