"Diego" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sinesio García Fernández .
-
PERSOEIRO
Xesuíta mexicano, humanista e poeta en latín. Emigra a Italia no 1767 logo da expulsión dos xesuítas. É autor do poema heroico De deo deoque homine heroica (1769) e doutros de temática americana, de carácter científico e filosófico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Segundo conde de Monterrei, fillo do Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Casou con Francisca de Zúñiga e Ulloa, herdeira do Condado de Monterrei. Foi o introdutor da imprenta en Galicia a finais do s XV e o responsable da edición do Misal de Monterrey. Faleceu na loita contra os franceses en Salsas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e avogado. Estudiou e exerceu a avogacía en Valladolid. Entre as súas obras destacan: Relaciones universales del mundo; Tercetos en latín congruo y puro castellano (1621), obra da que hai unha segunda edición titulada Dulce miscelánea de versos latinos y castellanos. Composición bilingüe imitada de algunos, pero de difícil continuación por dilatado argumento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar castelán, conquistador do Perú e Chile. No ano 1524 acompañou a Francisco de Pizarro no descubrimento e conquista das terras das Indias meridionais. Produciuse un enfrontamento entre Almagro e Pizarro, que se agravou pola fundación de Cuzco. No 1533 Pizarro enviouno á exploración e conquista das terras do sur de Cuzco; atravesou todo o altiplano andino (hoxe Bolivia), ao S do lago Titicaca, e chegou ata Copiapó, na costa chilena. Cando volveu a Chile principiou unha oposición aberta entre os partidarios de Almagro e os de Pizarro que culminou no 1538 co aprisionamento e a decapitación de Almagro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Mozo (Panamá 1520? - Cuzco 1542) Fillo do conquistador castelán Diego de Almagro. Mestizo, no 1541 preparou un complot contra Francisco Pizarro, compañeiro e responsable da morte do seu pai, que morreu asasinado durante unha estancia en Lima. Aclamado Gobernador de Chile (1541-1542), a chegada do visitador Vaca de Castro, nomeado gobernador lexítimo e en coalición cos pizarristas, determinou a derrota dos seguidores dos Almagro, chamados “chilenos”, na Batalla de Chupas. Morreu executado.
-
GALICIA
Reixeiro. Desenvolve a súa actividade dende finais do século XVIII, en Compostela. A comezos do século XIX realiza o enreixado do coro da capela maior e dos atrís da Catedral de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro pertencente á liñaxe dos Andrade. Na segunda metade do s XVI tomou parte nas loitas entre os señores galegos por títulos e poderes. Despois de enfrontarse ao Arcebispo Fonseca, ao conde de Monterrei, aos Pardos e aos Ribadeneiras, chegou a un acordo no 1474. Loitou tamén a prol da princesa herdeira Isabel, irmá de Enrique IV, na súa disputa con Xoana a Beltranexa polo trono de Castela, axudando a escuadra comandada por Ladrón de Guevara. Mentres este tomaba Baiona, Diego de Andrade ao lado do Arcebispo compostelán ocupou Pontevedra, Redondela, Vigo, Arousa e Oca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Catedrático da universidade de Madrid e director do Museo del Prado (1968) e do Instituto Diego Velázquez. Especialista en pintura castelá, sobre todo dos ss XVI e XVII ( Pintura del siglo XVI, colección Ars Hispaniae, 1955). É autor de traballos para a revista Archivo Español de Arte, da que foi director. No ano 1981, publicou a obra Murillo, pola que lle foi outorgado o Premio Elie Fauve (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Dominaba a versificación e a metáfora. Escribiu un poema latino en honor do humanista Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor. Segundo Murguía, escribiu o tratado De sacramentis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui entre 1526-1537. No Sínodo Diocesano de 1528 estableceu a obriga de que os párrocos levasen un rexistro de bautizados no que figurase a data de nacemento e o nome dos pais e padriños, libros que foron reunidos no Arquivo Histórico Diocesano, o que posibilitou a realización de numerosos estudios, fundamentalmente xenealóxicos. Mandou construír o ciborio da catedral, colocando nel o seu escudo de armas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo xesuíta e canonista. Partiu cara a América co xurista Xoán de Solórzano Pereira (1610). Foi profesor de Filosofía e Teoloxía. Escribiu Thesaurus Indicus (Tesoros Indios, 1667-1677), no que resultan reflectidos moitos dos problemas sociais e morais do mundo colonial amerindio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Xornalismo pola Universidad de Madrid. Formou parte da redacción da revista Quintana e fundou Escritos. Colaborou en Céltiga e en Caderno de Estudos Galaico-Portugueses de Porto. Exerceu como correspondente da revista Ágora de Estudios Sociais da Universidade de Madrid, e participou na emisión de Rúa Galicia, en Radio Galicia da Cadea SER. Entre 1962 e 1966 dirixiu o programa “La actualidad en la Antena” e foi correspondente dos xornais El Ideal Gallego e Diario de Pontevedra, amais de colaborar noutros xornais españois e portugueses. En El Correo Gallego escribiu a sección “La Cultura es noticia”. En febreiro de 1968 ingresou na Axencia EFE, da que foi delegado xeral en Asturias e Galicia. Foi tamén enviado especial da devandita axencia por todo o mundo. En 1967 foi nomeado delegado de Faro de Vigo en Santiago e colaborou no programa “24 horas” de TVE. É colaborador habitual da RTVG...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento franciscano situado en Ponteareas. Diego Sarmiento de Soutomaior, conde de Salvaterra e marqués de Sobroso, mandou construír o primitivo convento en 1603 e no 1642 as tropas portuguesas destruírono. En 1715, Xosé Francisco Sarmiento Velasco Isasi, conde de Salvaterra e marqués de Sobroso, cedeu o pazo de Canedo para a creación dun convento de franciscanos. Estes pactaron colocar na fachada as armas do condado de Salvaterra e construír unha cripta baixo o altar maior que servise de panteón familiar. Funcionou como convento desde o s XVIII agás no período da desamortización. Na actualidade conta cunha pousada. O antigo pazo foi reformado para adaptalo ás necesidades do convento. A porta principal é do s XVI. A igrexa, construída a mediados do s XVIII, é unha mostra da arquitectura mendicante. Na fachada destaca a torre campanario de estilo barroco, que consta dun corpo prismático, un balcón con balaustrada e o campanario propiamente dito, cun corpo cadrado e rematado nunha pequena...
-
PERSOEIRO
Mestre de sala. Foi tesoureiro de Isabel I a Católica. Loitou nas guerras de Portugal e na de Granada e obtivo, ademais de numerosos cargos, diferentes señoríos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Profesor na University of Wisconsin e especialista en temas lingüísticos e literarios medievais. Publicou varios estudios sobre o romanceiro e a historiografía medieval. É autor de, entre outras obras, Poema de Alfonso XI: fuentes, dialecto, estilo (1953), La escuela lingüística española y su concepción del lenguaje (1955), Siete siglos de romancero (1969), La tradición manuscrita en la “Crónica de Alfonso XI” (1974), Las lenguas circunvecinas del castellano: cuestiones de dialectología hispano-románica (1989), El español: orígenes de su diversidad (1989), De la silva textual al taller historiográfico alfonsí: códices, crónicas, versiones y cuadernos de trabajo (1997) e Arte poética del romancero oral: textos abiertos de creación colectiva (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e poeta. Coñecido como Cura de Fruíme, a súa obra en galego caracterízase pola reivindicación da identidade galega fronte ao menosprezo común na época. Cultivou a poesía de circunstancias e de corte epigramático en galego e castelán. Adscrito ao neoclasicismo, ten unha certa influencia prerromántica. En vida publicou, entre outras obras, Padrón festivo del Carmen empadronado en la Ilustre Villa de Iria Flavia [...] (1752), Vindicias históricas por el honor de Galicia (1760), Funeral ofrenda en las exequias de Feijóo (1765), Apelación de una sentenza poco piadosa [...] (1766) e El No lo entiendo del Cura de Fruíme [...] (1769). A maior parte da súa produción apareceu postumamente baixo o título Obras en prosa y verso del Cura de Fruíme (1778-1781), no que se inclúen varios entremeses compostos co gallo das festas da súa parroquia, que incorporan a lingua galega para caracterizar algúns personaxes, entre eles Loa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote dominicano, teólogo e diplomático. Catedrático de Prima na Universidad de Salamanca, exerceu como confesor real e formou parte dos consellos de Guerra e de Estado antes de ser nomeado por Carlos I teólogo no Concilio de Trento. En Santiago de Compostela ocupou unha das cátedras de Teoloxía na Universidade (1555-1559) e foi prior do convento dos dominicanos (1557).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Colaborou coa Gaceta, da que foi nomeado redactor no 1810. Deputado nas Cortes de Cádiz, durante o Trienio Constitucional foi ministro de Gobernación e de Ultramar (1822), e presidente das Cortes. Desterrado a Murcia entre 1823 e 1827, recibiu o cargo de bibliotecario real en 1833. Entre as súas obras destaca unha edición comentada de El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha (1833-1839). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador da Coroa de Castela en América, irmán de Cristovo Colón. Foi nomeado gobernador interino de la Española cando Cristovo Colón foi explorar a illa de Cuba en 1494 e, en 1496, substituíu o seu irmán Bertomeu ao mando de La Isabela. Exerceu o cargo de gobernador de Santo Domingo en 1500 e negouse a transferirllo a Bobadilla, polo que foi apresado e enviado a Castela xunto cos seus irmáns.
VER O DETALLE DO TERMO