"Dinamarca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 49.

  • (? 995 - Shaftesbury, Wessex 1035) Rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (co nome de Canuto I, 1017-1035) e monarca noruegués (1029-1035). Ao morrer no 1014 o seu pai, Sven de Dinamarca conquistador de Inglaterra, os anglosaxóns reinstauraron o Rei Ethelred II. Derrotados os británicos e morto o monarca inglés, casou coa raíña viúva Emma no 1017, converténdose en monarca indiscutido. Tralo falecemento do seu irmán Harold converteuse en soberano de Dinamarca e, despois da vitoria sobre Olavo II o Santo, gobernou Noruega. Asistiu á coroación imperial de Conrado II no 1028 e axudouno nas campañas contra os eslavos. Residiu en Inglaterra onde gobernou co apoio da súa garda, a Thingmannalidh, e da igrexa anglosaxona favorecendo con medidas políticas a fusión entre os pobos e ditando leis de importancia civil e eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1035-1042) e rei de Inglaterra (1040-1042). Fillo de Canuto II e da segunda muller deste monarca, a raíña Emma. Ao morrer o seu pai recibiu o reino de Dinamarca e, axudado pola súa nai, quen desexaba manter a unidade anglodanesa, reinou tamén sobre Inglaterra tralo falecemento de Harold no 1040. Renunciou a calquera aspiración sobre Noruega no 1038, logo dunha entrevista con Magnus o Bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1080-1086) e sucesor de Harold IV. Durante o seu reinado reforzou o poder real, outorgou á Igrexa numerosos privilexios económicos e someteu os señores feudais. Loitou tamén contra os estonios e, aliado con Olavo de Noruega, emprendeu unha malograda expedición naval para conquistar Inglaterra no 1085. Morreu asasinado xunto co seu irmán nunha revolta dos nobres. Recibiu o alcume de o Santo pola difusión que realizou do cristianismo, castigando con dureza os que non respectaban os mandatos da Igrexa e polo esforzo por protexer as igrexas e mosteiros. Canonizado pola Igrexa Católica, foi declarado patrón de Dinamarca no 1101.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1182-1202). Continuou con éxito a expansión territorial iniciada polo seu pai Valdemar I o Grande. Venceu os eslavos da Xermania superior apoderándose da Pomerania, Slesvig-Holstein, Hamburgo, Lübeck e case todo o litoral do Báltico, xunto co rei dos sorabos. Enfrontouse ao Emperador Federico I Barbarrubia no 1183, a quen lle negou a homenaxe feudal polos territorios ocupados do Imperio. No 1200 sufocou unha revolta campesiña contra o bispo Absalón e atribuíuse un poder case ilimitado para evitar novas sublevacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1448-1481), de Noruega (1450-1481) e de Suecia (1457-1464). Sucesor de Cristovo III, foi o fundador da dinastía dos Oldenburgo. Intentou restablecer a Unión de Kalmar (1397). En 1450 proclamou a unión entre Dinamarca e Noruega, que durou ata 1814. A unión con Suecia mantívoa ata a Revolución de 1464.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1515-1523) e de Suecia (1520-1523), fillo e sucesor de Xoán I. En 1520 apoderouse da coroa de Suecia, despois dunha cruenta batalla en Estocolmo, pero perdeuna de novo por mor da revolta de Gustavo Vasa (1523), que se proclamou rei. Os nobres dinamarqueses, que tiñan a facultade de elixir o monarca, entregáronlle o poder ao seu tío Federico I (1523). Fuxiu aos Países Baixos e fracasou na súa tentativa de recuperar o trono (1531-1532). Foi un mecenas da arte e da cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1534-1559). Sudeceu o seu pai Federico I e tivo que vencer os partidarios do seu curmán Cristián II en 1536. Introduciu o protestantismo en Dinamarca. Anulou o carácter electoral da monarquía e estableceu o dereito de herdanza. Sucedeuno o seu fillo Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1588-1648). Fillo e sucesor de Federico II, foi coroado en 1595. Creou a cidade de Cristianía (1624). En 1625 participou na Guerra dos Trinta Anos como xefe dos príncipes protestantes e foi vencido en Lutter (1626). Trala invasión de Xutlandia, asinou a Paz de Lübeck (1629). Derrotado no seu enfrontamento con Suecia, perdeu parte de Noruega e doutros territorios pola Paz de Brömsebro (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1863-1906). Sucesor de Federico VII, foi aceptado polas potencias europeas reunidas en Londres. Intentou recobrar os condados de Schleswig e Holstein, pero tivo que ceder ante Austria e Prusia. Emparentou con diversas casas reinantes en Europa grazas á política matrimonial dos seus fillos: Alexandra casou co futuro Enrique VII de Inglaterra, Dagmar co futuro Zar Alexandre III e o seu fillo Xurxo foi elixido rei de Grecia en 1860.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1670-1699), fillo de Federico III. Deixou os asuntos de goberno nas mans de estranxeiros, entre os que destacou Pedro Griffenfeld. Atacou Suecia (1675-1679) ata que, vencido, tivo que asinar a Paz de Fontainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1730-1746), fillo de Federico IV. Durante o seu reinado fomentou o desenvolvemento comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e Noruega (1766-1808). Sucesor do seu pai Federico V, abandonou o goberno nas mans de diversos conselleiros por mor das súas enfermidades e desequilibrios mentais. En 1784 sucedeuno na rexencia o seu fillo Federico VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1839-1848) e Noruega (1813). Sucesor de Federico VI, o seu reinado caracterizouse polo reformismo. Declarou unidos os ducados de Schleswig e Holstein de xeito indisoluble a Dinamarca. Foi rei de Noruega ata que a Asemblea lexislativa nomeou rei a Carlos XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1912-1947) e Islandia (1918-1944). Sucesor do seu pai, Federico VIII, mantivo neutral a Dinamarca durante a Primeira Guerra Mundial. En 1915 asinou unha nova Constitución na que se ampliaba o sufraxio ás mulleres. En 1918, Islandia conseguiu a autonomía, pero mantívose unida na persoa do rei ata 1944. No ano 1940 resistiu a invasión alemá e considerouse prisioneiro ata que se restableceu o réxime democrático en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1252-1259). Gobernador das illas Falsten e Lealand, foi nomeado rei trala morte dos seus irmáns Abel e Erik. O seu reinado caracterizouse polo enfrontamento cos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1320-1326 e 1330-1332) e duque de Estonia (1303). Sucedeu ao seu irmán Erik IV, logo de destronalo e pactar cos bispos e cos nobres o mantemento das súas liberdades. Ao non respectar os acordos, os nobres destronárono en 1326 e instauraron no trono a Valdemar III. No 1330 recuperou a coroa, aínda que a nobreza volveu derrocalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1440-1448), de Suecia (1441-1448) e de Noruega (1442-1448). Sucesor en Dinarmarca de Erik de Pomerania, fomentou o comercio interior e exterior e loitou contra a Liga Hanseática. Promoveu un goberno autóctono en cada reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (22.623 km2; 1.975.564 h [estim 1997]). A capital é Santa Fe de Bogotá. Ocupa a vertente occidental da cordilleira dos Andes e o altiplano que se estende ao seu pé ata a Cordillera Central. Os chibchas habitaron este territorio na época precolombina. En 1536, Jiménez de Quesada matou o derradeiro zipa chibcha, Tziquesuna, e fundou Santa Fe. Foi o centro político de Nueva Granada. En 1857, a loita civil entre federais e centralistas desembocou na constitución do estado federal de Cundinamarca (Bogotá, Cundinamarca, Tequendama e Zipaquirá). A partir de 1886 converteuse en departamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa setentrional, situado entre o mar do Norte, ao O, e o Mar Báltico, ao L, e entre o continente europeo, ao S, e a Península Escandinava, ao N. Limita ao S con Alemaña, concretamente co land de Schleswig-Holstein; polo NO, o estreito de Skagerrak sepárao de Noruega; ao NL o Kattegat sepárao das costas de Suecia. O país está formado pola península de Xutlandia e un total de 406 illas do Mar Báltico, das que só 79 están habitadas; entre elas destacan Sjælland, Lolland, Fyn e Bornholm. A illa de Groelandia e o arquipélago das Feroe pertencen á coroa danesa, aínda que manteñen plena autonomía. O territorio metropolitano (43.095 km2; 5.313.577 h [estim 1999]) esténdese entre os 58° e 55° de latitude N e os 8° e 15° de lonxitude O. A capital é Copenhaguen, situada na beira oriental da illa de Sjælland.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    No territorio danés, a altitude media é de 35 m. A parte peninsular carece...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que separa Groenlandia de Islandia e que comunica o mar de Noruega co Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO