"Dresden" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CAPITAIS
Capital do land de Saxonia, Alemaña, situada ao L, á beira do río Elbe (459.222 h [estim 1998]). É o centro económico e cultural dunha das maiores áreas metropolitanas de Alemaña. A economía desenvólvese arredor das actividades portuarias e das manufacturas de produtos de alta tecnoloxía, principalmente equipos médicos, máquinas para oficina e instrumentos musicais. Sobre unha colonia de pescadores eslavos constituída durante a Idade Media, o margrave Dietrich de Meissen fundou unha pequena cidade no s XII. Sufriu unha progresiva xermanización e no 1270 converteuse na sede dos electores de Saxonia, a dinastía dos Wettin. Experimentou un notable desenvolvemento comercial no s XVI e baixo o goberno do príncipe Augusto II (1649-1733), elector de Saxonia e rei de Polonia, converteuse nun destacado centro artístico. No 1849 produciuse unha gran revolta republicana que non impediu a incorporación da cidade ao desenvolvemento industrial xermánico, feito que lle permitiu acadar en 1925...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo bezirk de Alemaña que, na actualidade, pertence ao land de Saxonia. A capital é Dresden.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso dos estados alemáns celebrado en Dresden entre o 23 de decembro de 1850 e o 15 de maio de 1851. Convocárono Austria e Prusia co fin de reorganizar a Confederación Xermánica despois da Revolución de 1848. Significou o fracaso da política do príncipe austríaco Schwarzenberg, ao negarse Prusia á entrada de Austria no Zollverein, e supuxo o retorno ao estatuto de 1815.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orquestra fundada en 1548 como Hofkantorei (Cantores da corte) e dirixida por Johann Walter. É unha das institucións musicais máis antigas do mundo e foi dirixida, entre outros, por M. Turnovsky, H. Bloomstedt e H. Vonk.