"Durio" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Pavlos Konduriotis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores tropicais da familia das bombacáceas, que se coñecen co nome de durións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore tropical do xénero Durio, da familia das bombacáceas. Posúe follas cun tomento dourado no reverso, e flores de cor branca ou amarela. Apréciase tanto polos seus froitos comestibles -de polpa manteigosa, de sabor exquisito, doce e lixeiramente balsámico, pero de cheiro forte e desagradable-, como pola súa madeira. Distribúese por Tailandia, Laos, Vietnam, Camboxa e Indomalaisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ceramista e ourive. Coñecido como Paco Durrio, formouse na Escuela de Artes y Oficios de Bilbao. En 1888 estableceuse en París onde coñeceu, entre outros, a P. Gauguin e P. Picasso. A súa obra, influenciada polo simbolismo e, particularmente, por O. Redon e Gauguin, revelou un protoexpresionismo que serviu de transición entre a escultura de Rodin e a de Maillol. Participou, entre outras mostras, no Salon du Montparnasse (1923). Das súas obras destaca o Monumento a Crisóstomo Arriaga (Bilbao, 1906-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hydra 1855 - Atenas 1935) Político e mariño grego. Participou na guerra contra os turcos de 1897 e dirixiu a escuadra grega nas Guerras Balcánicas (1912-1913). Foi ministro da Mariña, rexente de Constantino I de Grecia (1920) e presidente da República (1924-1926 e 1926-1929).

    VER O DETALLE DO TERMO