Durrio Durio
Durrio Durio
Escultor, ceramista e ourive. Coñecido como Paco Durrio, formouse na Escuela de Artes y Oficios de Bilbao. En 1888 estableceuse en París onde coñeceu, entre outros, a P. Gauguin e P. Picasso. A súa obra, influenciada polo simbolismo e, particularmente, por O. Redon e Gauguin, revelou un protoexpresionismo que serviu de transición entre a escultura de Rodin e a de Maillol. Participou, entre outras mostras, no Salon du Montparnasse (1923). Das súas obras destaca o Monumento a Crisóstomo Arriaga (Bilbao, 1906-1932).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bilbao -
Deceso
Lugar : París