"EARN" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • País do SO da Gascoña (Francia) que abrangue unha superficie de 4.750 km2 na metade oriental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos. Esténdese entre a zona axial pirenaica e o río Ador. Reúne dúas áreas xeográficas: a rexión pre-pirenaica, onde se alternan vales e outeiros, e a alta montaña. O desenvolvemento do complexo petroquímico de Lacq permitiu revitalizar a rexión, aínda que a economía do Bearn continúa a depender dos seus produtos agrícolas. A capital é Pau. O vizcondado de Bearn, englobado dentro do ducado de Gascuña, fundouse no s IX trala fusión de pequenas unidades territoriais da Novempopulania galorromana. A Guerra dos Cen Anos levou ao vizcondado a unha autonomía que non tardou en transformarse en soberanía virtual. Durante o s XVI, os sucesivos enlaces matrimoniais dos soberanos bearneses coa familia real francesa fixeron de Bearn o centro administrativo dun pequeno estado soberano onde o tráfico comercial era a base da prosperidade. No ano 1620, Luís...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española baseada na novela homónima de Llorenç Villalonga, realizada en 1983 por Jaime Chávarri. Entre os actores figuran Fernando Rey, Ángela Molina, Amparo Soler Leal e Imanol Arias. As lembranzas do capelán Juan Mayol, protexido dos señores Bearn, na Mallorca de mediados do s XIX, serven para a análise da sociedade aristocrática da illa. Un asasinato, unha misteriosa muller, Xima, e uns papeis gardados na sala das bonecas da mansión dos Bearn fundamentan unha historia que procura a analoxía coa famosa Il Gattopardo (1963) de Luchino Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bearn ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Bearn.

    3. Salsa elaborada con manteiga, ovos, viño branco, cebola de Ascalón e pirixel, que se usa como acompañamento de carnes e peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede de Investigación Académica Europea que facilita o intercambio de datos entre institucións de ensino e investigación europeas e da conca mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e crítico norteamericano. Estudiou filosofía en Harvard e París, e sánscrito e hindi en Harvard. Fundou e dirixiu a revista The Criterion (1922-1939) e foi o renovador da poesía inglesa moderna xunto con E. Pound. Da súa produción poética sobresae The Love Song of Alfred Prufrock (A canción de amor de Alfred Prufrock, 1915), The Waste Land (A terra erma, 1922), The Hollow Men (O home oco, 1925), Ash Wednesday (Mércores de cinza, 1930) e Four Quartets (Catro cuartetos, 1945). A súa obra dramática, escrita en verso, iniciouse con Murder in the Cathedral (Asasinato na catedral, 1935) e continuou con The Cocktail Party (1950) e The Confidential Clerk (O empregado de confianza, 1954). Como ensaísta publicou Dante (1929), Elizabethan Essays (Ensaios isabelinos, 1934) e The Music of Poetry (1942). Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador noruegués. Realizou augafortes, e nas súas paisaxes apréciase a influencia de J. Constable e C. D. Friedrich. Das súas obras destacan Fervenza de La-Bro e Fervenza ao lado dun muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO