"Eiriña" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha aciñeira de sinople e un lobo de sable, pasante, ao pé do tronco; bordo de ouro, con oito aspas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre. En 1889 ingresou no convento dos padres escolapios, onde tomou tres anos máis tarde os seus votos simples. Deste lugar trasladouse aos conventos de Irache e San Pedro de Cardeña, onde ademais de rematar os seus estudios de ensino, profesou os votos perpetuos en 1886. Unha vez ordenado, foi enviado ao colexio de San Fernando de Madrid e despois ao de Granada, cidade na que comezou a estudar a carreira de Filosofía e Letras, que rematou na Universidad Central de Madrid. Foi reitor do colexio dos escolapios en Úbeda (1914-1915), do de Alcalá de Henares (1919-1922) e do de Sevilla (1922-1925). Despois foi trasladado ao colexio de San Antonio de Madrid, onde tamén exerceu como consultor provincial ata o seu asasinato no mes de agosto de 1936. Colaborou en varias publicacións como Revista Calasancia, Páginas Calasancias ou o semanario de Verín Nuevo Támega. Escribiu unha biografía do padre escolapio Faustino Míguez e elaborou varias composicións poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio acada os 1.448 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar de Paredes, Santa María de Moimenta (Campolameiro), sobre unha rocha granítica de acusada inclinación. Na parte superior aparecen representadas unha serie de cazoletas dispersas xunto a varios cadrados e outros signos de difícil interpretación. Na parte inferior apréciase a figura dun cérvido de sexo indeterminado que ten entre as súas patas a figura de dous cérvidos máis pequenos, aos que parece acubillar. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 10 de marzo de 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cabreiroá (Verín) e Osoño (Vilardevós). O seu cumio acada os 699 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Territorio asentado baixo a xurisdición dun meiriño. Especialmente arraigado como institución, xurdiu en Castela entre os ss XI e XII, que se dividiu en 17 meiriñados. Navarra dividiuse en cinco, mentres que as de Aragón foron divisións de carácter fiscal.

    2. Oficio de meiriño.

    3. Distrito que contaba cunha vila importante, que representaba os intereses da poboación ou dos pobos da súa demarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Forcarei, no concello homónimo. O seu cumio acada os 708 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cee baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moreiras (Toén). Foi edificado sobre un forte desnivel do terreo que se salvou cun muro de contención. De planta rectangular, ten dous andares. O acceso ao piso superior realízase por unha escaleira en forma de L que se localiza no patio. No patio ergueuse unha capela, un hórreo e a casa dos caseiros. Non ten pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Notario e escritor. Formado con Marcelo Macías e Losada Diéguez en Ourense, e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos e académico correspondente da Real Academia Galega. Colaborador de Nós, Lar e Lareira, escribiu a novela curta O Karma de Farruco Filgueira (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abrence (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 717 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Castrelo (San Xoán de Río). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira N da ría de Arousa, situada na parroquia de Rianxo, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo basidiomiceto de cor crema, cun sombreiro de ata 7 cm de diámetro, e marxe enteira, coas laminiñas separadas, anchas e desiguais, e o pé cartilaxinoso e delgado. Crece nos prados, formando círculos, e é comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación deportiva de banco fixo, de dimensións medias, cunha tripulación de seis remeiros e o patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO