meiriñado

meiriñado

(< meiriño)

  1. s m [HIST]

    Territorio asentado baixo a xurisdición dun meiriño. Especialmente arraigado como institución, xurdiu en Castela entre os ss XI e XII, que se dividiu en 17 meiriñados. Navarra dividiuse en cinco, mentres que as de Aragón foron divisións de carácter fiscal.

  2. s m [HIST]

    Oficio de meiriño.

  3. s m [HIST]

    Distrito que contaba cunha vila importante, que representaba os intereses da poboación ou dos pobos da súa demarcación.

Palabras veciñas

meirego -ga | meirense | Meiriña | meiriñado | 1 meiriño | 2 meiriño -ña | meiro