1 meiriño

1 meiriño

(< lat maiorīnu ‘que pertence ó maior’)

s m [HIST]

Oficial público que se encargaba da administración económica, financeira e xudicial dun territorio. O cargo apareceu no s XI e foi abolido polos Reis Católicos. Durante a Alta Idade Media existiu a figura do meiriño maior nas grandes rexións administrativas, como foi o caso de Galicia, León e Castela.

Formas incorrectas

merino, merino -na

Palabras veciñas

meirense | Meiriña | meiriñado | 1 meiriño | 2 meiriño -ña | meiro | meiró