"Emden" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do land da Baixa Saxonia, Alemaña, situada na desembocadura do río Ems (50.400 h [1990]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria, entre as que destaca unha importante refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Foi profesor de física e meteoroloxía na Technische Hochschule de Múnic (1907) e profesor honorario da Universität München (1928). Traballou na aplicación da termodinámica nos campos da xeofísica e da astrofísica. Desenvolveu a teoría dos gases politrópicos e as súas aplicacións ao estudo da estrutura estelar, e deu solucións numéricas do modelo convectivo e do modelo de Eddington. Foi un dos membros fundadores da publicación Zeitschrift für Astrophysik (1930) e o autor de Gaskugeln (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO